Tendo en conta o artigo 3, punto 1º, do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Cedeira.
Localidade: Cedeira.
Código do centro: 15026376.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Cedeira.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Punta Candieira.