Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de maio de 2003 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Coa finalidade de ir implantando progresivamente as ensinanzas de danza e satisface-la crecente demanda creouse o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo por Decreto 103/2001, do 3 de maio (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo), en aplicación do disposto no artigo 2 do decreto de creación e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do Conservatorio profesional de danza de Lugo, segundo os datos que figuran no anexo á presente orde.

Segundo.-Este centro impartirá as ensinanzas dos graos elemental e medio de danza previstas no arti

go 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Boletín Oficial del Estado do 4 de outubro).

Terceiro.-Autorízase ás direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa, de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de Persoal para adopta-las medidas necesarias para a execución do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: rúa Músico Xosé Castiñeira, s/n.

Denominación xenérica: Conservatorio Profesional de Danza.

Denominación específica: de Lugo.

Código do centro: 27020707.

Ensinanzas autorizadas: grao elemental e grao medio de danza.