Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.864

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de tres postos de traballo do cadro de persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas).

A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) anuncia a convocatoria

pública dos seguintes postos de traballo do seu cadro de persoal para a súa contratación fixa:

-Denominación dos postos: controlador docente.

Requisitos de titulación: técnico con formación profesional básica ou equivalente non sanitaria.

Número de postos ofertados: 3.

O modelo de instancia e as bases da convocatoria para participar no dito proceso selectivo poderán recollerse polos interesados na propia sede da fundación sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 2ª planta, sen prexuízo de que os aspirantes poidan solicita-lo seu envío previa chamada ó teléfono 981 55 51 03 da Fegas en horario de 9.30 a 13.30 horas. Ademais, as bases da convocatoria e o modelo de instancia tamén seran obxecto de publicación na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O prazo de presentación de instancias será dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.

Javier Bouzada Romero

Director da Escola Galega

de Administración Sanitaria