Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.864

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA.

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación, con relación laboral de alta dirección, de director do departamento agropecuario, da Fundación Semana Verde de Galicia, que desenvolverá a súa función na sé da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de mérito e capacidade, entre os que demostren a súa cualificación profesional. Os interesados remitiranlle á fundación, ó recinto feiral sen número, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dos dez días naturais seguintes á publicación deste anuncio, o seu currículo coas súas circunstancias persoais, titulación e outras circunstancias que atinxen ós indicados principios e conceptos, coa proposta de retribución económica en bruto que pretendan percibir por tódolos conceptos, a cal, se é o caso e momento, deberá contar co informe previo favorable das consellerías da Presidencia e Administración Pública, e de Economía e Facenda, da Xunta de Galicia.

Silleda, 11 de xuño de 2003.

Manuel A. Sanmartín Alende

Director Económico Financeiro