Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de varredora-aspiradora e limpadora de foxos con destino ó municipio de Moeche, código 03.2301.0115.0 (POL Adicional 1/2003). (Expediente referencia 03/4955 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de varredora-aspiradora e limpadora de foxos con destino ó municipio de Moeche.

Lugar de entrega: municipio de Moeche.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 74.100 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de xuño de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña