Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión do día 2 de xuño de 2003, adoptou acordo relativo a corrección de erro de transcrición no punto IV das bases específicas da praza de técnico de prevención de riscos laborais, incluída na oferta de emprego público do ano 2002, aprobadas por acordo do mesmo órgano de data 3 de marzo de 2003 e publicada no BOP o día 3 de maio seguinte, procedendose á citada corrección, de conformidade co disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, resultando a súa redacción co seguinte teor literal:

«IV. Condicións dos aspirantes:

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, FP 3 ou equivalente e posuí-las tres seguintes especialidades ou disciplinas preventivas, debidamente homologadas, a que fai referencia o R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro: ergonomía e psicoloxía aplicada-seguridade no traballo-hixiene industrial».

Vigo, 2 de xuño de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde