Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO aberto para a contratación do servicio de colaboración coa xestión catastral delegada do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xefatura de Ingresos. Nº de expediente: 14/500.

2. Obxecto do contrato: descrición: colaboración coa xestión catastral delegada do Concello de Vigo (2 lotes).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: lote A: 45.000 euros/ano; lote B: 45.000 euros/ano.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 RDL 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida no prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 2 de xuño de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde