Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 115, do 22 de maio de 2003, publícanse as bases da convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo entre o persoal laboral do Concello de Santiago de Compostela, postos que figuran no anexo á referida convocatoria.

As solicitudes para participar no concurso dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro xeral do concello, a través do procedemento previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde