Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é o deseño, producción, realización e montaxe do espectáculo nocturno das festas patronais 2003 da cidade de Santiago de Compostela que se representará na praza do Obradoiro a noite do día 24 de xullo e o 31 de xullo na escalinata do Campus Sur (Alameda). A representación do día 24 primará os efectos lumínicos e incluirá a queima da fachada gótica.

Tipo de licitación: 176.000 euros, IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de 8 días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de Contratación. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación: 3.520 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12.00 horas, o seguinte día hábil, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde