A Comisión de Goberno do Concello, en sesión realizada o 8 de maio de 2003, aprobou definitivamente o proxecto de conmpensación do sector D-1 de San Cibrao das Viñas, por instancia da sociedade Suido, S.L. y otros CB, conforme o acordo que transcrito literalmente di:
Primeiro.-Aproba-lo proxecto de compensación do sector D-1 de San Cibrao das Viñas, propiedade de Suido, S.L. y otros CB, redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras.
Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia e R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o regulamento de xestión urbanística, por entender que esta lexislación é a aplicable ó tratarse dun instrumento de xestión urbanística de execución dun instrumento de planeamento tramitado e aprobado definitivamente ó abeiro da citada lexislación.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interponerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.
San Cibrao das Viñas, 19 de maio de 2003.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa