Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de obras de reparación e mantemento en colexios públicos do termo municipal (ano 2003).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma : ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento: 142.777,52 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 1 e 4, categoría: a.

6. Garantías: a) Provisional: 2.855,56 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: lugar: Servicio de Contratación. Praza de España, Pontevedra 36071, teléfono 986 80 43 00.

8. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG. Documentación: cláusula 16ª do prego. Lugar: Rexistro Xeral do Concello (9.00 a 13.00).

9. Apertura das ofertas: cláusula 19 do prego, ás 9.00 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 29 de maio de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde delegado da área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral