Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO.

José Luis Almau Supervía, secretario xeral da Deputación Provincial da Coruña, certifica que na sesión plenaria ordinaria celebrada o día vinteoito de febreiro de dous mil tres, se adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

4. Ampliación da delegación de competencias en materia tributaria por diversos concellos da provincia, 2º grupo.

Acepta-la ampliación de competencias delegadas en materia tributaria acordada por diversos concellos da provincia, tocante coas materias e concellos seguintes.

Recadación voluntaria e executiva das sancións municipais por infraccións da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, incluíndo a colaboración previa cos concellos para identifica-los propietarios dos vehículos cos que se cometeran infraccións: concellos de Cariño, Cerceda, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Oroso e Outes.

A aceptación destas competencias realízase a expensas de que os correspondentes acordos municipais sexan elevados a definitivos.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación, que se levará a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servicios tributarios para os concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta corporación provincial, producirá efectos o día 2 de xaneiro de 2003.

E para que conste, estendo este anuncio na Coruña o seis de xuño de dous mil tres.

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

Visto e prace

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña