A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das
administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.
c) Número de expediente: 1A/2003.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de dietas para nutrición enteral.
c) Lotes: 8.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S220, do 13 de novembro; BOE nº 279, do 21 de novembro; DOG nº 228, do 26 de novembro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:
Importe total: 644.010 euros.
5. Adxudicación:
adxudicación
Lotes Data Empresa Nacionalidade Importe
1 28-3-2003 Novartis Consumer Health, S.A. Española 81.000
2 28-3-2003 Nutricia, S.A. Española 75.300
3 28-3-2003 Novartis Consumer Health, S.A. Española 72.000
4 28-3-2003 Nutricia, S.A. Española 8.790
5 28-3-2003 Novartis Consumer Health, S.A. Española 54.000
6 28-3-2003 Movaco, S.A. Española 29.031,24
7 28-3-2003 Novartis Consumer Health, S.A. Española 108.000
8 28-3-2003 Nutricia, S.A. Española 215.280
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela