Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, do servicio de limpeza do Hospital Nicolás Peña. (Expediente C.P. 1/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002, convoca a seguinte contratación, polo sistema de concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital Nicolás Peña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións.

c) Número de expediente: C.P.1/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Hospital Nicolás Peña.

b) Lugar de execución: Hospital Nicolás Peña.

c) Prazo de execución: 20 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 750.000 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Hospital Nicolás Peña. Servicio de Subministracións.

b) Enderezo: Avenida das Camelias, 109.

c) Localidade e código postal: 36211 Vigo.

d) Teléfono: 986 21 91 04/986 21 91 08.

e) Fax: 986 21 91 05.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: .

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: 52 días desde o envío deste anuncio á Oficina de Publicacións das Comunidades Europeas. 4 de xullo de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar e forma de presentación: no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, 109, 36211 Vigo, en man, en sobres pechados, e asinados polo licitador ou persoa que o represente, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: 15 de xullo de 2003.

a) Lugar: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, 109, Vigo.

b) Data e hora: a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios correrá por conta do adxudicatario.

11. Paxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: http://www.sergas.es.

Vigo, 1 de abril de 2003.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo