Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María José Gómez Fandiño.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/107/2003, interposto por María José Gómez Fandiño na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar da función administrativa, pretende a asignación de 70 puntos polo epígrafe de experiencia profesional, un total de 193,5 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director Xeral da División de Recursos Humanos