Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (211/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 211/2003 seguidos por instancia de Pablo Buján Sande contra Savecín, S.L. Asociados y Cía., Sociedad Comunitaria sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 2 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Savecín, S.L. Asociados y Cía., Sociedad Comanditaria a que readmita inmediatamente a Pablo Buján Sande nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación

laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 2.585,45 euros.

A devandita opción deberá de exercitarse no termo dos 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a elección, condeno así mesmo á parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57 do Estatuto dos traballadores e que ata esta data ascenden á cantidade de 4.300 euros a razón dun salario diario de 50 euros.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que, en contra dela, poden presentar recurso de suplicación, que deberá de anunciarse diante deste xulgado no termo dos cinco días desde a notificación desta sentencia, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acrditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta en Banesto, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta 5602-65 e en calidade de depósito nun impreso separado ó importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Savecín, S.L. Asociados y Cía., Sociedad Comanditaria que tivo o seu último enderezo coñecido na rúa Compostela, 8-3º centro, 15004 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 2 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado