Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (144/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Vistos por Beatriz Martínez Vega, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado co número 144/2002, no que son parte demandante Manuel Cabo Verduga, representado pola procuradora Tamara Paisal Outeiral, asistido polo letrado Luciano Prado del Río, e parte demandada Juan Rafael Maneiro Piñeiro, que compareceu non representado nin asistido de avogado e nin procurador.

Decido que estimando a demanda interposta pola procuradora Tamara Paisal Outeiral en nome e representación de Manuel Cabo Verduga, contra o demandado Juan Rafael Maneiro Piñeiro, declarado en rebeldía, debo condenar e condeno a Juan Rafael Maneiro Piñeiro, a aboar a Manuel Cabo Verduga, a cantidade de quince mil catrocentos vinteseis euros con setenta e oito céntimos (15.426,78 euros), cantidade que se verá incrementada co xuro moratorio, impóndolle así mesmo as custas procesuais causadas a Juan Rafael Maneiro Piñeiro.

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Juan Rafael Maneiro Piñeiro, expídese este edicto para que sirva de notificación que se publicará por edictos no DOG».

En Ribeira, once de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado