Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (1000006/2003).

Eu, María Mercedes Martín Olivera, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Muros, fago saber que neste xulgado e co número 1000006/2003 se segue, por instancia de Ramona Quiveo Rodríguez, expediente para a declaración de falecemento de Rafael Quiveo Rodríguez, natural de Outes, nacido o dous de xuño de mil oitocentos noventa e catro, veciño da Poza-Santo Ourente de Entíns-Outes, quen se ausentou do seu último domicilio na Poza-Santo Ourente de Entíns-Outes, e non se volveron ter noticias del desde o ano 1919, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia, poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Muros, 21 de abril de 2003.

A xuíza

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA