Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (5/2003).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos.

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 5/2003 dictouse a seguinte cédula de citación:

«O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a Vde., co fin de que o próximo día un de xullo, ás 10.30 horas asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos ...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo de que, de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que o impida, poderá impórselle unha multa, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descarga que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e sirva de citación a Óscar Carnero Mariño, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Betanzos o 19 de maio de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS