Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (282/2002).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos.

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 282/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a Vde. co fin de que o vindeiro día un de xullo, ás 10.15 horas, asista na sala de vistas ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos ...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste municipio, poderá dirixirlle escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e lle sirva de citación a Carlos J. López Vázquez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 19 de maio de 2003.

A secretaria

Rubricado