Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.827

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (80/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe

de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 80/2003 se acordou, por resolución do día de hoxe, a citación de Francisco Montoya Romero mediante a publicación da seguinte:

Cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 80/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Francisco Montoya Romero, actualmente en paradoiro descoñecido, a fin de que o día 3 de xullo ás 10.00 horas compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 16 de maio de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS