Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandato recollido no artigo 45 da Constitución e unha necesidade para asegura-la pervivencia dos nosos ecosistemas e os seus compoñentes. O artigo 27.30º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle á comunidade autónoma a competencia exclusiva para dictar normas adicionais de protección do medio e da paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución. O Real decreto 1535/1984 transfire estas funcións e servicios á Comunidade Autónoma de Galicia.

Ó abeiro destas competencias, foi promulgado o Decreto 82/1989, que regula a figura de Espacio Natural en Réxime de Protección Xeral.

O Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír á garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, traspón ó ordenamento xurídico español a Directiva 92/43/CEE do Consello. Este real decreto recolle no seu artigo 3 que cada Estado membro contribuirá á constitución dunha rede ecolóxica coherente, denominada Natura 2000, designando lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou, de se-lo caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable dos hábitats e hábitats de especie que determina a directiva.

Con data 11 de marzo de 1999, o Consello da Xunta de Galicia acordou remitir unha relación de lugares que constituían a proposta galega para a Rede Europea Natura 2000, de acordo co disposto no artigo 4 do Real decreto 1997/1995. O Estado español remitiu á Comisión Europea as listas dos Lugares de Importancia Comunitaria propostos polas distintas comunidades autónomas, segundo as rexións bioxeográficas. Como consecuencia da avaliación realizada polos servicios técnicos da Comi

sión Europea, foi requirida información adicional ou foi solicitada a presentación de novas propostas de lugares ás comunidades autónomas e ós estados pertencentes ás rexións bioxeográficas atlántica e mediterránea, ámbalas dúas con representación no territorio galego. Con estas modificacións a Unión Europea pretende acada-la porcentaxe de representación idónea para cada un dos hábitats referido á totalidade do territorio da Unión.

Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente adaptou e revisou a proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria, de acordo coas directrices manifestadas pola comisión.

En consecuencia

DISPOÑO:

Artigo 1º

Inclúese no rexistro, de maneira provisional, a lista de lugares recollida no anexo desta orde cos límites actualmente propostos, declarándoos entrementres como espacios en réxime de protección xeral, de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio.

Artigo 2º

1. Nestes espacios poderán seguir levándose a cabo, de maneira ordenada, os usos e actividades tradicionais. Calquera outra actividade requirirá informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente, que será solicitado polo promotor ou titular das accións, actividades, construccións, proxectos ou obras que se pretenda emprender.

2. Se se prevé que se poidan derivar efectos negativos das accións que se vaian realizar, a Consellería de Medio Ambiente poderá esixir un informe de avaliación ambiental delas para evita-la deterioración dos valores que determinaron a inclusión destes espacios no rexistro xeral, sen prexuízo da aplicación do disposto no artigo 24 da Lei 4/1989, do 24 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Artigo 3º

Aquelas áreas destes espacios que gozasen xa dun réxime de protección específico manterano.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Os Ancares-O CourelBecerreá

Cervantes

102.6852001
Folgoso do Courel
O Incio
Navia de Suarna
As Nogais
Pedrafita do Cebreiro
A Pobra do Brollón
Quiroga
Samos
Triacastela
Ribas de Sil

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

A Baixa LimiaBande

Calvos de Randín

34.2482001
Entrimo
Lobeira
Lobios
Muíños
Padrenda
Quintela de Leirado
Verea

O Baixo MiñoA Guarda

O Rosal

2.7922001
Salvaterra de Miño
Tomiño
Tui
As Neves
Arbo
Crecente
A Cañiza
Padrenda

Betanzos- MandeoAranga

Bergondo

8652001
Betanzos
Irixoa
Miño
Paderne
Oza dos Ríos
Coirós

Bidueiral de MontederramoMontederramo

Vilar de Barrio

1.9492001

Brañas de XestosoA Estrada

Forcarei

Silleda

1.0802001

Cabo UdraBueu

Cangas

6232001

Canón do SilPantón

Sober

Nogueira de Ramuín

Parada de Sil

5.9612001

CarballidoA Fonsagrada

A Pontenova

Ribeira de Piquín

4.6342001

Carnota- Monte PindoCarnota

Mazaricos

Cee

Dumbría

4.6292001

As CatedraisBarreiros

Ribadeo

3042001

Complexo Húmido de CorrubedoPorto do Son

Ribeira

9.3022001

Complexo Ons-O GroveBueu

Cambados

7.4902001
O Grove
A Illa de Arousa
Meaño
Sanxenxo
Ribadumia

Costa ÁrtabraCariño

Cedeira

7.6592001
Ferrol
Narón
Valdoviño
Ortigueira
Ares
Mugardos

Costa da MorteArteixo

Cabana de Bergantiños

11.8852001
Camariñas
Carballo
Cee
Fisterra
A Laracha
Laxe
Malpica de Bergantiños
Muxía
Ponteceso
Vimianzo

Costa da VelaCangas1.3852001

Costa de DexoOleiros3502001

Cruzul-AgüeiraBecerreá

As Nogais

6182001

Encoro de Abegondo-CecebreCambre

Abegondo

Betanzos

Carral

Oza dos Ríos

529

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Enseada de San SimónRedondela

Soutomaior

Vilaboa

Moaña

Pontevedra

2.2522001

Estaca de BaresMañón

Ortigueira

9262001

Esteiro do TambreBrión

Negreira

Noia

Outes

Porto do Son

1.5832001

Fragas do EumeCabanas

A Capela

As Pontes de García Rodríguez

Pontedeume

Monfero

917

Gándaras de BudiñoO Porriño

Salceda de Caselas

Tui

8392001

Illas CíesVigo9902001

Illas EstelasNigrán7132001

Macizo CentralO Bolo

Chandrexa de Queixa

45.1962001
Laza
Manzaneda
A Pobra de Trives
Viana do Bolo
Vilariño de Conso
Quiroga
Larouco
Montederramo

A MarrondaBaleira

A Fonsagrada

1.2122001

Monte e lagoa de LouroCarnota

Muros

1.1612001

Monte FaroCarballedo

Chantada

Rodeiro

3.0022001

Monte MaiorViveiro

Xove

1.2432001

NegueiraNegueira de Muñiz4.5122001

Ortigueira-MeraCariño

Cerdido

Ortigueira

As Pontes de García Rodríguez

As Somozas

3.7952001

Parga-Ladra-TámogaBegonte

Cospeito

5.0092001
Guitiriz
Outeiro de Rei
Rábade
Vilalba
Xermade
Abadín
Castro de Rei
Lugo
Friol

Pena MaseiraA Gudiña

A Mezquita

5.8542001

Pena TrevincaCarballeda de Valdeorras

A Veiga

Viana do Bolo

Manzaneda

O Bolo

24.8602001

Pena VeidosaSan Cristovo de Cea

Carballedo

2.3552001

A RamallosaBaiona

Nigrán

922001

Ría de Foz-MasmaBarreiros

Foz

Lourenzá

Mondoñedo

5752001

Río AnllónsCabana de Bergantiños

Ponteceso

Coristanco

Carballo

422001

Río CabeBóveda

O Incio

A Pobra de Brollón

Monforte de Lemos

Pantón

Sober

1.5772001

NomeMunicipioSuperficie

(ha)

Data

Río EoA Fonsagrada

A Pontenova

7742001
Ribadeo
Ribeira de Piquín
Trabada
Riotorto
Meira

Río LandroOurol

Viveiro

892001

Río LérezPontevedra

Campo Lameiro

Cotobade

192001

Río OuroAlfoz

Foz

O Valadouro

722001

Río TambreTordoia

Ordes

1522001
Mesía
Trazo
Oroso
Frades
Santiago de Compostela
O Pino

Río TámegaCastrelo do Val

Laza

Monterrei

Verín

Oímbra

7192001

Río TeaO Covelo

Fornelos de Montes

972001
Mondariz
Mondariz-Balneario
Ponteareas
Salvaterra de Miño

Xubia-CastroA Capela

Moeche

1.9862001
Narón
Neda
San Sadurniño
As Somozas
As Pontes de García Rodríguez

Serra da Enciña da LastraRubiá1.7232001

Serra do CandánForcarei

Lalín

Silleda

Beariz

O Irixo

10.6832001

Serra do CandoCerdedo

Cotobade

Forcarei

A Lama

Beariz

5.4022001

Serra do CareónMelide

Santiso

Toques

Friol

Palas de Rei

6.5682001

Serra do Xistral As Pontes de García Rodríguez

Abadín

22.9642001
Alfoz
Mondoñedo
Muras
Ourol
O Valadouro
Vilalba
Xermade
Xove
Viveiro
Cervo

Sistema fluvial Ulla-DezaCatoira

A Estrada

1.6332001
Pontecesures
Silleda
Valga
Vila de Cruces Boqueixón
Dodro
Padrón
Rianxo
Teo
Touro
Vedra
Brión
Rois
Ames

Sobreirais do ArnegoAgolada

Lalín

Vila de Cruces

1.0812001

Veiga de PonteliñaresPorqueira

Rairiz de Veiga

1302001

Total359.559