Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 13 de maio de 2003 polo que se lle comunica á empresa Pio Pan, S.L. o acordo de inicio de incumprimento do expediente I1/97.0182.0679.N.97000055 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1997.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Pio Pan, S.L., titular do expediente I1/97.0182.0679.N.97000055 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de febreiro de 1997;

DOG nº 58, do 25 de marzo) que con data do 24 de febreiro de 2003 o presidente do Igape acordou o inicio do expediente de incumprimento por non constar no expediente a preceptiva certificación de xustificación de investimentos acreditativa do cumprimento das condicións impostas para a subvención do préstamo aprobado. Procédese, polo tanto, a iniciar procedemento de incumprimento das condicións de concesión da axuda outorgada co obxecto de determina-lo alcance dela, que poderá dar lugar á revogación da axuda concedida e ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, sinalando a este respecto que ó non constar reclamacións de subvencións por parte da entidade financeira, non hai importes indebidamente percibidos pendentes de reintegro, suspendéndose o aboamento da subsidiación concedida ata a resolución do expediente de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica