Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de obra que se cita.

O presidente, actuando no nome e na representación do ente público Portos de Galicia segundo o previsto no artigo 6.3º, da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolve adxudica-la seguinte obra:

* Reforzo do crebaondas do contradique de abrigo do porto da Guarda (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: PO-13-30-02-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: reforzo do crebaondas do contradique de abrigo do porto da Guarda.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 59, do 25 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 384.465,79 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 13 de maio de 2003.

b) Contratista: Oys Noroeste, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 333.524 euros.

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Sen embargo, o interesado poderá optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia