Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 13 de maio de 2003 polo que se lle comunica á empresa Exciga, S.L. o acordo de inicio de incumprimento do expediente 1/97.2091.0707.N.4900 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1997.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Exciga, S.L., titular do expediente 1/97.2091.0707.N.4900 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de febreiro de 1997; DOG nº 58, do 25 de marzo), que con data do 3 de febreiro de 2003 o presidente do Igape acordou o inicio do expediente de incumprimento por constar unicamente acreditado un investimento de 59.646,55 euros, importe inferior ó comprometido e tamén ó mínimo que se vai considerar segundo convenio (60.101,21 euros). Ademais, deste investimento unicamente se acredita o pagamento de 56.427,77 euros, co que se reduce aínda máis o importe de investimento que hai que ter en conta e, dado que consta pagado con anterioridade á formalización do préstamo que se está a subvencionar un importe de

21.242,08 euros, o importe máximo de préstamo subvencionable sería de 27.159,31 euros, importe que tamén é inferior ó mínimo estipulado (30.050,61 euros). Procédese, polo tanto, a iniciar procedemento de incumprimento das condicións de concesión da axuda outorgada co obxecto de determina-lo alcance dela, que poderá dar lugar á revogación da axuda concedida e ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas que sería de 825,94 euros, suspendéndose o aboamento da subsidiación concedida ata a resolución do expediente de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica