Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de maio de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxo nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02636-O-2002).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo para que, sendo firmes as resolucións sancionadoras que nel se citan sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Son requisitos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que deben efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste lles sirva de notificación ós citados garantes e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Fiador-Último enderezo

coñecido

OU-02636-O-2002

6200-13/6

G.C. de Tráfico

S.T.D.A. Societé Transportes Dakhla Agadir

Lot 50 A3 Zone Industrielle Tassila, s/n Agadir (Maroc)

Transportar 25.393 kg de polbo conxelado, carecendo do certificado de autorización especial para o transporte de mercadorías perecedoiras e carece da placa de certificación de conformidade e da placa de fabricación.

26-7-2002; 10.15; A-52; 263

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo).143 Lei 16/1987,

201 R.D. 1211/1990

1.380 eurosDifesur, S.L.

Málaga, urb. 6 buzón 63

80818 Málaga