Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de maio de 2003, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00051-I-2003).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes san

cionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00051-I-2003

Varias

3244826057 A2053

Isidoro Alonso Baamonde

San Mauro, 1 364 Pontevedra

Da análise dos discos-diagrama do aparello de control tacógrafo, no seu día requiridos por este Servicio de Inspección, constátase o seguinte:-No vehículo PO-5335-AU no disco do 21-11-2002 hai anotada unha conducción de 1.075 km cando a realmente efectuada é de só 485 km, o que supón a carencia de 590 km por xustificar.-O conductor con DNI: 35298690 efectúa unha conducción (vehículo PO-6533-BK) de 10 h 30 min. o 14-11-2002, o que supón un exceso de 30 min (inferior ó 20%) sobre o máximo permitido.

6-3-2003; 12.00

Artigo 14 do R(CE)3821/1985.

Artigo 6 do R(CE)3820/1985

143 Lei 16/1987,

201 R.D. 1211/1990

330 euros