Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa
ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento de L.M.T.S. en Malecón (Club Náutico).
Situación: Ortigueira.
Características técnicas: recuamento liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 37 m, orixe na L.M.T.S. existente na entrada
do C.T. rúa Nova e final na entrada o C.T. rúa Nova, conductor tipo R.H.V.-12/20 kV 3x95 Al. Concello de Ortigueira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de maio de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña