Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional nas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que se realizarán a proba de coñecementos de lingua castelá (se é o caso), lingua galega e o primeiro exercicio.

Advertidos erros na citada resolución publicada no DOG nº 106, do 3 de xuño de 2003, deben efectuarse as seguintes modificacións no corpo de profesores de música e artes escénicas:

Nas páxinas 7.127 e 7.128:

Especialidade acordeón: onde di: «Primeiro exercicio ou primeira parte da proba: Data: 30 de xuño de 2003. Hora 11.00», debe dicir: «Primeiro exercicio ou primeira parte da proba: Data: 26 de xuño de 2003. Hora: 17.00».

Especialidades de: clarinete, fagot e óboe; fundamentos de composición; historia da música e percusión onde di: «Lugar: Conservatorio de Música. R/ Manuel Olivie, 23 Vigo (Pontevedra)», debe dicir: «Lugar: Conservatorio de Música Profesional. Avda. Pablo Iglesias, Ourense».

Especialidades:

* Contrabaixo e violoncelo, onde di: «Lugar: Conservatorio de Música. R/ Manuel Olivie, 23 Vigo (Pontevedra)», debe dicir: «Lugar: Conservatorio de Música Profesional. R/ Alfonso XII, 7, Pontevedra».

* Trombón, trompa, trompeta e tuba, onde di: «Primeiro exercicio ou primera parte da proba: Data: 27 de xuño de 2003. Hora: 10.00. Lugar: Conservatorio de Música. R/ Manuel Olivie, 23, Vigo (Pontevedra)», debe dicir: «Primeiro exercicio ou primera parte da proba: Data: 28 de xuño de 2003. Hora: 10.00. Lugar: Conservatorio de Música Profesional. R/ Alfonso XII, 7, Pontevedra».