Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, así como no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, podendo presentarse no rexistro da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (rúa dos Feáns, 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela), no da propia consellería ou en calquera das dependencias e formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Administración pública, ou que preste servicios nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que fose seleccionado. Se no prazo de dous meses

a partir da publicación da resolución no DOG o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, consideraríase deserto o posto e poderíase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto calquera dos postos de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade do novo e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución da convocatoria efectuada por esta orde no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución de traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Código do posto: PR.P09.00.002.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Cooperación Exterior.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A.

Nivel: 30.

C. específico: 15.073,08 A.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Administración xeral do Estado e CC.AA.).

Formación específica: 030 (coñecementos de inglés). 032 (coñecementos de francés). 151 (coñecementos doutros idiomas comunitarios). 162 (experiencia en cooperación exterior). 523 (diploma de directivo). 640 (para persoal doutra Administración curso de perfeccionamento de galego (R.I.).