Convocada por Orde do 11 de abril de 2003 (DOG nº 80, do 25 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e
Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 11 de abril de 2003 (DOG nº 80, do 25 de abril).
Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.
Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario, realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior.
Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
ANEXO
NRP: 3323732968 A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: Pedrares Mato, Amelia.
Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.
Dependencia: Secretaría Xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Nivel: 18.
C. específico: 3.546,48 euros.
NRP: 3499017868 A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: González Gómez, José Manuel.
Denominación do posto de traballo: xefe Negociado Habilitación e Gastos Correntes.
Dependencia: Secretaría Xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo ou escala: xeral.
Nivel: 20.
C. específico: 3.990 euros.