Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.710

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Noia.

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Noia (código convenio 1502362) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 23-4-2003, completado o 3-6-2003, subscrito, en representación da parte económica, polo Concello de Noia, e da social, polo seu comité de empresa o día 2-4-2003, ratificado polo Pleno da Corporación o 15-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal laboral

do Concello de Noia

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación funcional, territorial e persoal.

1. Este convenio colectivo regulará as relacións de carácter xurídico laboral entre o Concello de Noia

e o persoal laboral, calquera que sexa a modalidade de contratación, inclúense neste ámbito aqueles traballadores subrogados do Concello de Noia en empresas que presten os seus servicios para esta Administración local. Son casos de exclusión do ámbito persoal e funcional os traballadores que, desde o asinamento deste convenio colectivo, sexan contratados por plans ou convenios con outras administracións públicas ou organismos oficiais.

2. A normativa pactada neste afectará e obrigará a tódolos traballadores que presten os seus servicios no Concello de Noia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

1. Entrada en vigor: este convenio entrará en vigor no momento da súa sinatura, independentemente da data da súa publicación, retrotraéndose os seus efectos económicos ó 1 de xaneiro de 2003.

2. Duración: este convenio terá o seu termo final o trinta e un de decembro de 2004. A normativa nel pactada manterá a vixencia regulada anteriormente, salvo que no transcurso do dito período medie unha lei que o modifique, neste suposto, ámbalas dúas partes deberán realiza-las acomodacións e reaxustes correspondentes en todos aqueles aspectos no que a dita lei afecte, no seu contido xurídico, non así no económico.

3. Prórrogas: cunha antelación mínima de trinta días naturais antes do vencemento deste convenio ou de calquera das súas prórrogas anuais, ámbalas dúas partes, indistintamente, poderán comunicarlle á outra, por escrito, a denuncia do convenio, ó seu remate legal. De non producirse a expresada denuncia, o convenio considerarase automaticamente prorrogado por anualidades sucesivas, salvo as cláusulas de contido económico (tanto salariais como extrasalariais), que experimentarán en tal caso, unicamente a variación que sinale para tal efecto a lexislación estatal e autonómica de aplicación.

4. Revisión para o ano 2004: de se-lo caso de que o Índice Nacional de Prezos ó Consumo (IPC), establecido polo Instituto Nacional de Estatística (INE), rexistrara ó 31 de decembro de 2004 un incremento superior ó pactado efectuarase unha revisión salarial tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso da porcentaxe que se produza entre o pactado e o IPC real. Se tal incre

mento se produce, aboarase nunha soa paga no primeiro trimestre de 2005 e servirá por conseguinte como base de cálculo do dito ano.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas dúas partes consideran o pactado neste convenio como un todo indivisible de xeito que se a Administración, no uso das súas facultades regulamentarias, non o aprobase na súa totalidade, será sometido novamente á comisión negociadora para a adaptación e reaxuste dos acordos, de xeito que se supriman, eliminen ou varíen os motivos da delegación da súa homologación.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Manteranse as condicións máis beneficiosas como garantía ad personan que tanto en cómputo individualizado ou global, superen as condicións pactadas neste convenio.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio compensan na súa totalidade ás que anteriormente de forma colectiva, rexeran por mellora pactada ou unilateralmente concedida pola corporación, imperativo legal, xurisprudencia, contencioso-administrativo, convenio colectivo, pacto de calquera clase, salvo individuais, e usos ou costumes locais ou comarcais.

Artigo 6º.-Regulación de normas.

As normas contidas neste convenio regularán as relacións entre o concello e o seu persoal laboral, con carácter preferente e prioritario a outras disposicións de carácter xeral. No non previsto nel haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e na lexislación estatal e autonómica de aplicación.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Definición e estructura: para entender de cantas cuestións deriven da aplicación, interpretación, conciliación e vixilancia deste convenio establécese unha comisión paritaria, a que estará integrada por tres vocais membros da corporación e dous por parte dos traballadores, nomeados preferentemente de entre os membros da comisión negociadora.

Funcións: as funcións específicas da comisión paritaria serán as seguintes:

1. Interpretación do convenio: neste sentido establécese que naquelas cuestións nas que existan diverxencias de interpretación poderá iniciarse a súa aplicación independente de que exista ou non reunión da comisión paritaria posteriormente, reunida esta, se o acordo adoptado fora distinto ó aplicado polo concello e fora precisa a mediación doutras autoridades, se o fallo posterior fose desfavorable ó concello, este quedará obrigado a aboarlles ós traballadores afectados a oportuna indemnización que a referida autoridade estableza ou que se pacte.

2. Conciliación: dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos polas partes, en supostos previstos ou non neste convenio.

3. Vixilancia: do cumprimento colectivo do pactado. A comisión intervirá preceptivamente nestas materias, deixando a salvo a liberdade das partes, para esgotado este campo, proceder en consecuencia.

Procedemento: terán capacidade de convocatoria da comisión paritaria a representación do concello e a representación dos traballadores, que foron designados para a dita comisión.

A comisión paritaria deberá resolver no prazo máximo de dez días naturais desde a recepción do problema presentado.

As reunións realizaranse sempre logo de convocatoria de calquera das partes, con especificación concreta dos temas que se van debatir en cada caso, e nelas poderán ser utilizados os servicios permanentes e ocasionais de asesores, os que serán libremente designados por cada unha das partes. Os asesores terán dereito a voz pero non a voto.

Capítulo II

Situación do persoal

Artigo 8º.-Clasificación por razón da permanencia.

1. O persoal comprendido no ámbito de aplicación deste convenio, en razón da súa permanencia ó servicio do concello, deberá atoparse nalgunha das situacións que a lei prevé no que se refire a contratacións.

Artigo 9º.-Grupos e categorías profesionais.

1. Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio clasificaranse nos grupos e categorías profesionais seguintes:

* Grupo I. Titulados superiores de administración.

Economista/licenciatura en empresariais.

Licenciado en Historia.

Pedagogo.

Psicólogo.

Psiquiatra.

Director Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.

* Grupo II. Titulados medios de administración.

Animador sociocultural.

Asistente social.

Traballador social.

Arquitecto técnico.

Monitor deportivo.

Profesor de música.

* Grupo III. Técnicos e administrativos.

Delineante.

Administrativo.

Xefatura contabilidade.

* Grupo IV. Auxiliares e especialistas.

Auxiliar administrativo.

Oficial de primeira.

Conductor.

* Grupo V. Servicios varios.

Peóns.

Asistencia a domicilio.

Ordenanzas.

Definición de categorías laborais.

* Titulados superiores de administración.

Traballadores que estando en posesión do correspondente título universitario de grao superior realizan funcións propias da súa titulación.

* Titulados medios de administración.

Traballadores que estando en posesión do correspondente título universitario realizan funcións propias da súa titulación.

* Animador.

Animación socio-cultural.

* Administrativo.

É o traballador que ás ordes dun xefe, se o houbese, realiza funcións administrativas para as que precisa posuír, ademais dos coñecementos esixidos ó oficial de segunda, os seguintes:

-Aritmética e álxebra de bacharelato superior.

-Nocións de contabilidade xeral e pública.

-Nocións sobre o sistema fiscal.

-Nocións de estatística.

-Organización do Estado e da Administración pública e técnica de simplificación de traballo administrativo.

-Nocións de dereito administrativo, dereito laboral, Seguridade Social, prevención de riscos laborais, fiscal.

-Interpretación de planimetría urbanística municipal, así como nocións en tramitación de expedientes en materia urbanística.

* Auxiliar administrativo.

Traballadores que, posuíndo o título de graduado escolar ou equivalente, realizan tarefas consistentes en operacións repetitivas ou simples relativas ó traballo de oficina ou despacho, como correspondencia, rexistro, arquivo, cálculo sinxelo, confección de documentos como recibos, fichas, transcrición ou copias, extractos e análogos. Deberán posuí-los coñecementos prácticos de mecanografía e informá

tica adecuados ás actividades que normalmente desenvolverán.

* Oficial 1ª.

É o que tendo a competencia de oficial de primeira posúe ademais unha destacada especialidade nalgunhas operacións ou funcións do seu oficio que pola súa complexidade requira unha competencia singular ou complementaria. Poderá ter ó seu cargo algúns oficiais que colaboran con el adestrándoos simultaneamente na especialidade.

* Conductor.

Labores combinados de conducción e mantemento de vehículos oficiais. É o operario que estando provisto do permiso de conducción necesario para o manexo desta clase de vehículos coñece a súa mecánica e entretemento e o dos seus apeiros sabéndoos desmontar e montar para a reparación das avarías frecuentes susceptibles de realizar no lugar de traballo.

* Peón.

Operario encargado de executa-las tarefas que para a súa realización se requira, predominantemente a achega de esforzos.

* Limpador.

Traballador que se ocupa do aseo e limpeza das dependencias dos centros e lugares de traballo.

Artigo 10º.-Ingresos e contrato de traballo.

1. O ingreso do persoal do concello realizarase de acordo coas disposicións vixentes e a deste convenio, que deberán terse en conta como regra xeral.

2. As vacantes que existan na actualidade ou que se produzan no futuro incluídas as de ampliación do cadro de persoal, cubriranse de acordo coa oferta de emprego público do concello, na que figurarán tódolos postos de traballo dotados orzamentariamente que se atopen vacantes. En todo caso, na oferta de emprego público estarán comprendidas as prazas reservadas ós sistemas de promoción interna.

Artigo 11º.-Promoción interna.

1. A promoción interna consiste no ascenso dos traballadores de categoría inferior a outra superior que se atope vacante, dentro do seu mesmo grupo profesional ou noutro distinto.

2. Para concursar nesta promoción interna o traballador ten que ser fixo no cadro de persoal e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o ascenso no que aspire ingresar.

3. O concello comunicaralle por escrito á representación dos traballadores, a aplicación do artigo 11 deste convenio colectivo, facendo consta-lo posto substituído, a causa, nome e apelidos e categoría do substituído.

4. O sistema de valoración confeccionado polo concello será posto en coñecemento dos representantes dos traballadores e establecerase de acordo cun sis

tema de carácter obxectivo, tomando como referencia o perfil do posto de traballo.

5. Valorarase especialmente:

-Superar satisfactoriamente as probas que para o efecto se establezan.

-Cualificación suficiente para o posto de traballo que se vai cubrir.

-Experiencia no desempeño para o posto de traballo que se vai cubrir.

-Historial profesional.

-Antigüidade no concello.

6. As prazas vacantes, reservadas a promoción interna, adxudicaranse ós aspirantes con maior puntuación e as que non se cubran pasarán á rolda libre.

Artigo 12º.-Formación profesional.

O concello, directamente ou baixo réxime de concerto con distintos organismos oficiais, organizará os cursos necesarios ó ano de capacitación profesional para a adaptación dos traballadores ás modificacións técnicas operadas nos postos de traballo, así como cursos de reconversión profesional para asegura-la estabilidade do traballador no seu emprego, en supostos de transformación ou modificación funcional dos organismos.

Entenderase que o obxectivo xeral do concello é mellora-la formación profesional do conxunto dos traballadores. De acordo cunha provisión de vacantes no cadro de persoal procurarase que o persoal sexa formado de tal xeito que, en igualdade de condicións e oportunidades, poida acceder a postos de traballo de superior categoría ou responsabilidade que quedaran vacantes.

O traballador terá dereito a:

1. Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como preferencia a elixir quenda de traballo, se tal é o réxime instaurado no concello, cando concurse con regularidade estudios para a obtención dun título académico, profesional, oposicións, etc.

2. Á adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia ó curso de formación profesional ou á concesión do permiso oportuno para a asistencia a cursos de formación ou perfeccionamento profesional con reserva do posto de traballo.

Capítulo III

Modificacións e suspensións do contrato

de traballo

Artigo 13º.-Traballadores con capacidade diminuída.

1. O concello acoplará o persoal que a súa capacidade se vira diminuída por idade, accidente ou enfermidade, logo de informe médico, destinándoos a un posto de traballo adecuado ás súas condicións, posto de traballo que pode ser de distinto servicio

ó que o traballador estea adscrito, no caso de que este sexa un posto de inferior categoría ó que desempeñaba, respectarase o salario que viñera percibindo.

2. Tamén se destinará a un posto de traballo adecuado ó traballador ou traballadores que por resolución da comisión de avaliación de incapacidades, foran sido declarados incapaces para a prestación de servicios no seu posto habitual, sempre e cando o concello dispoña del e se adapte á capacidade diminuída do traballador.

3. Se en virtude daquel acoplamento o traballador considera que se produciu un prexuízo grave para os seus intereses ou menoscabo notorio da súa dignidade, por entender que pode realiza-las funcións do posto de traballo superior ó encomendado, logo de informe dos representantes dos traballadores, poderá insta-la resolución do contrato de traballo, percibindo as indemnizacións previstas na lei para os despedimentos improcedentes.

Artigo 14º.-Suspensión por excedencia.

O concello obrígase a conceder excedencia voluntaria, por un período de tempo mínimo dun ano e máximo de dez anos, a todos aqueles traballadores fixos con máis dun ano de antigüidade.

O traballador haberá de preavisar, en todo caso, a súa incorporación cun mes de antelación á data de expiración da excedencia.

Se a excedencia solicitada non supera os tres anos, a reincorporación ó traballo será automática. Se a excedencia fora superior a tres anos a reincorporación terá lugar cando se produza a primeira vancante no concello.

Unha vez reintegrado o traballador ó seu posto de traballo, non poderá solicitar unha nova excedencia ata que non transcorran polo menos dous anos desde a data da súa reincorporación.

O exercicio deste dereito por excedencia necesariamente haberá de poñerse en coñecemento da empresa con trinta días de antelación, como mínimo, á data de inicio do período de excedencia.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

Todo o persoal vinculado por este acordo, logo de aviso e xustificación, salvo casos de urxencia sobrevenida, terán dereito a desfrutar das seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio: 15 días laborables.

b) Por nacemento dun fillo, ou a morte dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, tres días se o suceso se produce na mesma localidade a ata cinco días cando sexa noutra diferente.

c) No caso de enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, tres días se o suceso se produce na mesma localidade e ata cinco días cando sexa noutra diferente. Cando o traballador esgotara os días recollidos no parágrafo anterior e sempre que este o solicite, concederase

un permiso excepcional ata un máximo de quince días, no que o traballador afectado percibirá o 75% das súas retribucións.

d) Por traslado de domicilio sen que supoña cambio de residencia, dous días. Se supón un cambio de residencia, ata catro días.

e) Por cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal o tempo indispensable.

f) Por asuntos persoais non incluídos nos puntos anteriores: nove días ó ano, non acumulables ás vacacións anuais, podendo ser distribuídos polo traballador á súa conveniencia, logo de autorización, sempre que as necesidades do servicio o permitan. As ditas solicitudes deberán realizarse cunha antelación mínima de 72 horas e presentadas no rexistro xeral. No suposto de que as solicitudes non se resolvan en 24 horas de antelación ó día a desfrutar entenderase concedida a licencia. O persoal en xornada de quenda ou xornada especial desfrutará destes días sen que coincida cos días de descanso correspondentes á cadencia dos seus servicios e cunha equivalencia de nove días de asuntos propios excepto se a xornada de traballo fora superior a 8 horas que se contabilizará por horas, é dicir, 48 horas.

g) O persoal cun fillo menor de 10 meses terá dereito a un permiso de dúas horas diarias do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións dunha hora cada unha ou substituírse por unha reducción da xornada normal en dúas horas.

h) Quen por razón de garda legal teña ó seu cargo algún menor de 6 anos ou un diminuído psíquico o físico que non desenvolva ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha diminución da xornada de traballo nun 1/3 ou nun 1/2 coa reducción proporcional das súas retribucións. A concesión de reducción de xornada por razón de garda legal será incompatible coa realización de calquera outra actividade, sexa ou non remunerada, durante o horario que foi obxecto da reducción.

i) Nos casos debidamente xustificados e por incapacidade física ou psíquica do seu cónxuxe, pai, nai ou familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que conviva co traballador, poderase tamén solicita-la reducción de xornada coa reducción proporcional de retribucións. Cando a incapacidade xere o dereito de percibir unha pensión por gran invalidez non haberá lugar ó exercicio deste dereito.

j) En canto a licencia para realizar funcións sindicais, formación sindical ou de representanción do persoal, regularanse de acordo co pactado neste acordo e supletoriamente co legalmente establecido.

k) Poderán concederse licencias por asuntos propios, sen retribución ningunha e, que a súa duración acumulada non exceda en ningún caso de tres meses en dous anos. A concesión desta licencia subordinarase ás necesidades do servicio.

Artigo 16º.-Licencias non retribuídas.

Tódolos traballadores terán dereito a dúas licencias especiais ó ano, sen dereito a retribucións, de 10 días naturais cada unha, sempre e cando a necesidade do servicio o permita.

O exercicio deste dereito non deberá entorpece-las xustificadas necesidades da empresa en canto á súa funcionalidade se refire, por tanto non poderán estar simultaneamente na situación de licencia non retribuída máis do 10% dos traballadores do servicio tendo preferencia para estas licencias aqueles traballadores que teñan familiar enfermo ó seu cargo.

En calquera caso, o concello poderá requirirlle ó peticionario que acredite a necesidade da licencia.

Así mesmo, en casos especiais, e logo de xustificación da necesidade, o concello poderá conceder unha licencia sen soldo de ata tres meses, non podendo repeti-la dita licencia ata transcorrido un período mínimo de dous anos.

Artigo 17º.-Suspensión por IT, accidente laboral e enfermidade profesional.

Nos casos de enfermidade profesional o concello completará as prestacións da Seguridade Social ou mutua patronal ata alcanza-lo 100% do total das retribucións deste convenio, igual que se estivera en activo.

Nos casos de incapacidade transitoria (IT) por enfermidade común aboarase o 100% das retribucións desde o primeiro día da enfermidade.

Durante o período de IT o traballador estará obrigado a acredita-la súa situación mediante a entrega dos correspondentes partes médicos de confirmación. O concello poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante recoñecemento médico. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos establecidos neste artigo. Naqueles casos que se consideren abusivos a comisión paritaria determinará a aplicación ou non deste artigo.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 18º.-Xornada de traballo e horarios.

1. A duración máxima da xornada de traballo para todo o persoal afectado por este convenio será de trinta e sete horas e media semanais en réxime de xornada continuada.

2. Anualmente o concello elaborará conxuntamente cos representantes legais dos traballadores o calendario laboral, debendo expoñerse un exemplar nun lugar visible dos centros de traballo.

3. Desde o 1 de xuño ó 15 de setembro a xornada de traballo reducirase de 8.30 a 14.15 horas, constituíndo o horario de verán.

4. O día de Santa Rita de Casia considerarase festivo para tódolos traballadores do concello.

5. As quendas de Nadal estableceranse con independencia dos asuntos propios, distribuíndose o mesmo número de días laborables entre as dúas quendas como segue:

Primeira quenda: os dous últimos días hábiles do ano.

Segunda quenda: os dous primeiros días hábiles do ano.

6. Os traballadores a réxime de quendas ou xornadas especiais recibirán polos días festivos non dominicais traballados unha compensación que pode ser económica ou días libres.

Artigo 19º.-Descanso diario.

Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio que teñan xornada continuada, desfrutarán dun descanso intermedio de 30 minutos, que se considerará como tempo de traballo efectivo a tódolos efectos.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias son aquelas que se realizan por enriba da xornada laboral acordada. Por norma non poderán facerse nunha horas extraordinarias, quedando estas prohibidas. Tan só se poderán face-las imprescindibles para o bo funcionamento do servicio e garanti-la hixiene dos centros escolares e edificios públicos do concello, non podendo nunca supera-lo tope establecido no artigo 35 do Estatuto dos traballadores, polo que, non caso de ter que cubrir unha ausencia ou baixa por enfermidade, licencia ou vacacións, o concello estará obrigado a respecta-lo aquí acordado, polo que tería, no caso de supera-lo límite establecido, que contratar a unha nova persoa na modalidade de interinidade.

A hora extraordinaria é un 75% máis có valor da hora normal.

Retribución anual/ = Valor hora normal.

Valor hora normal x 1,75= Valor hora extra.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

1. O empresario ten a obriga de aboarlle ó traballador dúas pagas extraordinarias ó ano, devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro.

2. A contía de cada unha delas será pola totalidade das retribucións que figuran con carácter fixo na nómina, quedando excluídos por tanto os complementos con contía de carácter variable.

3. Para os efectos de determinación da modificación de pagas extraordinarias ó abeiro do estipulado no capítulo XIX, do título VI, do Acordo Administración-Sindicatos para a modernización e mellora da Administración pública, a equivalencia

para a determinación do incremento aplicable calcularase de acordo co seguinte:

Exercicio 2003: 20% complemento destino.

Exercicio 2004: 40% complemento destino.

Cadro de equivalencia:

Grupo persoal laboralNivel de equivalencia

Grupo ANivel 26

Grupo BNivel 22

Grupo CNivel 20

Grupo DNivel 18

Grupo ENivel 14

Artigo 22º.-Vacacións.

1. O período de vacacións retribuídas será dun mes natural ou de vintedous días hábiles por ano completo de servicio ou en forma proporcional ó tempo de servicios efectivos e desfrutaranse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte. Deberán ser solicitadas antes do 1 de maio.

2. Se durante o período de vacacións o traballador causara baixa durante máis de quince días por enfermidade ou accidente non se computará o dito prazo, conservando o interesado o dereito ó seu desfrute unha vez transcorridas as ditas circunstancias e sempre que non expirara o ano natural a que tal período vacacional correspondera.

De se-lo caso de que o período por desfrutar sexa superior ó período de tempo que quedase para expira-lo ano adaptarase o período de desfrute a esta circunstancia de acordo co previsto no parágrafo anterior.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 23º.-Estructura e pago do salario.

1. As retribucións do persoal comprendido no ámbito de aplicación deste convenio estarán constituídas polo salario base e os seus complementos e corresponde á xornada normal á que se refire o artigo 19. Os conceptos retribuídos serán os seguintes:

1. Salario base.

2. Complementos en atención ás condicións persoais do traballador.

a) Antigüidade.

b) Complemento de idioma, título o coñecementos especiais.

3. Complemento de posto de traballo.

a) Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

b) Complemento de nocturnidade.

c) Complemento de dispoñibilidade-localizado.

d) Complemento de quendas.

e) Complemento de especial responsabilidade.

f) Complemento de productividade.

g) Complemento de funcións diversas.

4. Complemento de convenio (complemento extra).

5. Igualmente forman parte das percepcións do persoal, de se-lo caso, as indemnizacións de carácter non salarial.

Artigo 24º.-Complementos en atención ás condicións persoais do traballador.

a) Antigüidade: de conformidade co principio de promoción na empresa tódolos traballadores integrados no cadro de persoal terán dereito a un complemento salarial de antigüidade cumpridos os tres anos continuados de permanencia no concello por un importe que ascende a unha porcentaxe definida no anexo II deste convenio e que será de aplicación sobre o total das retribucións mensuais, contándose para iso os servicios prestados desde o primeiro contrato, incluído o período de proba, coa corporación, calquera que sexa a súa categoría profesional e forma do contrato.

b) Complemento de idiomas, títulos o coñecementos especiais: complementos nos que concorre unha cualificación persoal ou profesional do traballador e que non se tivo en conta ó fixa-lo salario base. A fixación, así como o modo de determinación, destes complementos salariais realizarase a través de negociación colectiva e deben axustarse as seguintes circunstancias: condicións persoais do traballador, traballo realizado e situación e resultados da empresa. Terán o carácter de consolidables.

Artigo 25º.-Complementos de posto de traballo.

1. Estes complementos de posto de traballo son cantidades que se adicionan ó salario base pola concorrencia dunha causa específica e determinada que está presente na prestación do traballo, e que unidas ó salario base xunto co complemento de convenio e os complementos en atención ás condicións personais do traballador determinan a cifra total do salario do traballador, terán carácter de consolidables agás o complemento de productividade.

a) Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade: a tódolos traballadores que realicen labores que, pola súa condición resulten tóxicos, penosos ou perigosos, se lles aboará un complemento de posto de traballo sendo a súa contía de 60,10 euros/mes. Este complemento terá efecto na súa totalidade desde o 1 de xaneiro de 2003. O concello, de acordo cos representantes legais dos traballadores, fixará os postos que considere tóxicos, penosos ou perigosos.

b) Complemento de nocturnidade: considérase traballo nocturno o comprendido entre as 22.00 horas e as 6.00 horas da mañá. Os traballadores que presten servicio no indicado período nocturno, percibirán un complemento consistente en 60,10 euros/mes. Se as horas traballadas en período nocturno exceden dun tercio da xornada, aboarase este complemento na súa totalidade, como se a xornada se realizara completa en período. Se se traballa máis dunha hora

sen exceder dun tercio, o complemento percibirase exclusivamente polas horas traballadas, tomándose estas como horas extraordinarias.

c) Complemento de dispoñibilidade-localizado: os traballadores que por necesidade do servicio teñan unha dispoñibilidade, sen presencia física, forá da súa xornada de traballo, entre as 14.00 horas e as 7.00 horas da mañá do día seguinte, percibirá a cantidade de 60,10 euros/mes por tal concepto. Con respecto a este complemento será a comisión paritaria quen determine a que traballadores lles será de aplicación.

d) Complemento de quendas: considerado como toda forma de organización de traballo en equipo, onde tódolos traballadores ocupan sucesivamente os mesmos postos de traballo, segundo un certo ritmo, continuo o descontinuo, o que implica para o traballador a necesidade de prestar servicios en horas diferentes nun período determinado de días o semanas. Os traballadores afectados percibirán a cantidade de 60,10 euros/mes por este concepto.

e) Complemento especial responsabilidade: todos aqueles traballadores que polas súas características no seu posto de traballo teñan unha especial responsabilidade e dedicación percibirán mensualmente este complemento. A contía será de 60,10 euros/mes.

f) Complemento de productividade: en razón á calidade ou cantidade de traballo realizado, este complemento é unha forma de retribuír unha mellor calidade ou cantidade de traballo, non procede o aboamento en tempos improductivos. A cantidade será fixada mensualmente de acordo con criterios obxetivos, logo de proposta da xefatura de persoal, coa presencia dos representantes legais dos traballadores.

g) Complemento de funcións diversas: retribuirá aquelas funcións complementarias ás propias das categorías establecidas neste convenio. A contía será de 60,10 euros/mes.

Artigo 26º.-Complemento convenio.

Este complemento non está condicionado á concorrencia dun factor causal específico do posto de traballo, polo que non ten propiamente a consideración do complemento salarial, senón de percepción económica directamente inserta no salario base segundo a categoría profesional. En moitas ocasións estase a utilizar como medio de racionalización e simplificación da estructura salarial, englobando e substituíndo a outros complementos. Actualmente está incluído en nómina como complemento extra e ten carácter consolidable, polo que procede integra-lo na súa totalidade no salario base.

Artigo 27º.-Traballos en festivos.

Todo o persoal que por necesidades do servicio traballe no tempo de descanso semanal ou festivo percibirá a cantidade de 72 euros por xornada traballada.

Artigo 28º.-Estructura retributiva.

1. Coa aprobación deste convenio equipáranse as retribucións do persoal laboral coas retribucións do persoal funcionario nas categorías D e E. Calquera incremento que se produza nas retribucións dos funcionarios destas categorías implicará subida das retribucións do persoal laboral na categoría afectada.

2. Coa aprobación deste convenio e realizada a descrición e valoración de postos de traballo, a cada traballador (grupos A, B, C, D e E) asignaraselle un complemento por posto de traballo de entre os que anteriormente foron relacionados (anexo III).

3. No persoal integrado no grupo A non quedan equiparadas as retribucións do persoal laboral e persoal funcionario propio da Administración, nembargantes, e co obxecto de evitar maiores diferencias salariais entre os funcionarios do grupo A propios da Administración e o persoal laboral do grupo A, calquera incremento na masa salarial global do persoal funcionario do grupo A propio da Administración implicará a subida automática das retribucións do persoal laboral grupo A. O mesmo será de aplicación en relación ó persoal encadrado no grupo C.

4. No persoal laboral integrado no grupo B as retribucións mantéñense por non existir equivalencia no cadro do persoal funcionario. De convocarse algunha praza do grupo B as retribucións serían as mesmas para persoal laboral e persoal funcionario.

5. No persoal integrado no grupo D a equiparación realízase pola totalidade das retribucións, en cómputo anual, do persoal funcionario do grupo equivalente.

6. O persoal integrado no grupo E a equiparación realízase pola totalidade das retribucións en cómputo anual, do persoal funcionario do grupo equivalente.

Artigo 29º.-Póliza de seguros.

Tódolos traballadores afectados por este convenio estarán cubertos por unha póliza de seguro que ampare a invalidez, que tería que ser permanente, absoluta ou gran invalidez, ou morte, nas seguintes contías:

Por morte: 30.050,61 euros.

Por invalidez absoluta ou gran invalidez: 48.080,97 euros.

Por invalidez permanente: 18.030,36 euros.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 30º

Establécese coa finalidade da negociación dun fondo de pensións unha bolsa anual para o persoal laboral fixo ou indefinido por importe de 12.020,24 euros, cantidade que será repartida equitativamente, así como negociable o seu incremento anualmente.

Artigo 31º

Os traballadores afectados por este convenio ó contraer matrimonio ou en caso de parella de convivencia debidamente xustificada percibirá en concepto de axuda por nupcialidade a cantidade de 150,25 euros. Así mesmo, e en concepto de axuda por natalidade percibirá por cada fillo a mesma cantidade.

Artigo 32º.-Anticipos reintegrables sen xuros e préstamos personais.

1. Anticipos reintegrables sen xuros: o concello habilitará durante a vixencia deste convenio un fondo de 18.030,36 euros anuais para o obxecto de que os traballadores, con antigüidade superior a un ano, poidan solicitar, por razóns de urxencias, un anticipo reintegrable sen xuros de ata 3.606,07 euros ou de dúas mensualidades. O importe dos mencionados anticipos será reintegrado mediante deducción da cantidade que corresponda en 24 mensualidades.

O réxime que se vai aplicar para a solicitude e distribución de anticipos será o fixado no regulamento que para tal efecto se elabore e aprobe pola comisión paritaria prevista no artigo 7 deste convenio colectivo.

2. Préstamos persoais: o concello habilitará durante a vixencia deste convenio un fondo de 30.050,61 euros anuais para o obxecto de que os traballadores, con antigüidade superior a un ano, poidan solicitar, por razóns de urxencia, un préstamo reintegrable con xuros de ata 6.010,12 euros. O tipo de xuros que se vai a aboar por este corresponderase coa 1º referencia interbancaria a un ano (Euribor) que sexa oficialmente publicada ó inicio do exercicio corrente máis o diferencial do 0,05.

O réxime que se vai aplicar para a solicitude e distribución de préstamos será o fixado no regulamento que para tal efecto elabore e aprobe a comisión paritaria prevista no artigo 7 deste convenio colectivo.

Capítulo VII

Poder disciplinario

Artigo 33º.-Principio de legalidade.

Non existirá sanción sen falta. Ámbalas dúas virán establecidas e anunciadas neste convenio, salvo o despedimento que só se poderá impoñer no caso que se produzan faltas das establecidas no Estatuto dos traballadores e neste convenio.

Se o despedimento fose declarado polo xulgado do social ou, se é o caso, polo Tribunal Superior de Xustiza, como improcedente ou nulo, obrigará ó concello á readmisión do traballador ou traballadores afectados, nas mesmas condicións e posto de traballo que viñeran desempeñando con anterioridade ó despedimento.

Artigo 34º.-Informe dos representantes dos traballadores.

Non se poderá impoñer ningunha sanción sen o informe previo, non vinculante, preceptivo dos representantes do traballadores, salvo nos supostos de faltas leves e nas faltas de asistencia ó traballo sen xustificación. A inobservancia deste requisito anula a sanción imposta.

A representación dos traballadores deberá emitir informe no prazo máximo de tres días hábiles contados desde o momento da recepción do escrito solicitando o dito informe.

Artigo 35º.-Competencia sancionadora.

Os traballadores poderán ser sancionados polo concello cando proceda en virtude de incumprimentos laborais, de acordo coa gradación das faltas e sancións que se establecen neste convenio.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 36º.-Seguridade e saúde laboral.

Nesta materia aplicarase todo o disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e o seu posterior desenvolvemento, en canto á vixilancia da saúde a súa planificación e programación realizarase no marco da Lei xeral de sanidade do 25 de abril de 1996.

Artigo 37º.-Vestiario de traballo.

Lista indicativa de equipos de protección individual.

* Protectores de cabeza:

-Cascos de seguridade.

-Pezas de protección para a cabeza (gorros, gorras, sombreiros, etc..).

* Protectores de oído:

-Protectores auditivos tipo «tapóns» desbotables o reutilizables.

-Cascos antirruído.

* Protectores de ollos e cara:

-Gafas protectoras.

-Pantallas de protección facial.

-Pantallas de protección para soldadura.

* Protección de vías respiratorias:

-Equipos filtrantes de partículas, equipos illantes.

* Protectores de mans e brazos:

-Luvas contra agresións mecánicas (perforacións, cortes, vibracións).

-Luvas contra agresións de orixe eléctrica.

-Luvas contra agresións químicas.

-Manoplas.

-Manguitos e mangas.

* Protectores de pés e pernas:

-Calzado de seguridade.

-Calzado de protección.

-Calzado de traballo.

-Cubrecalzado de protección contra o frío, a calor, a electricidade.

-Xeonlleiras.

* Protectores de pel:

-Cremas de protección e pomadas.

* Protectores de tronco e abdome:

-Chalecos, chaquetas e mandís de protección contra as agresións mecánicas (perforacións, cortes, proxeccións).

-Cintos de suxeición ó tronco.

-Faixas e cintos antivibracións.

* Protección total do corpo:

-Equipos de protección contra caídas de altura.

-Dispositivos anticaídas esvaradíos o anticaídas con amortecedor.

-Arneses.

-Cintos de suxeición.

-Roupa de protección xeral e contra agresións mecánicas, proxeccións, contra fontes de calor intensa, contra baixas temperaturas, roupa antipo, roupa de sinalización, roupa de auga, camisas de verán (2), camisas de inverno (2), fundas de dúas pezas ou enteiras (2).

-Accesorios de sinalización (retrorreflectantes, fluorescentes).

Asignación complementos de posto de traballo.

Área de secretaría e réxime interior.

Complemento de funcións diversas.

-Auxiliar administrativo secretaría-grupo D-Manuel Nieto Abeijón.

-Auxiliar de rexistro-grupo D-Rosa Barreiro Alvárez.

Área de economía e facenda.

Complemento de especial responsabilidade.

-Xefatura de rendas-grupo A-Amparo Méndez Rodríguez.

-Axencia de Desenvolvemento Local-grupo A-Aquilino López Leira.

Complemento de funcións diversas.

-Xefatura de contabilidade e fiscalización-grupo C-Mª del Carmen Freire Bouzada.

-Auxiliar intervención-grupo D-Mª Rosario Rial Castaño.

-Auxiliar recadación (2)-grupo D-Mª Dolores Mayo Roo, Saturnino Villaverde Muñiz.

-Auxiliar nóminas-grupo D-Gloria Couceiro Leira.

Área de urbanismo, obras e servicios.

Complemento de especial responsabilidade.

-Arquitecto técnico (2)-grupo B-José Ventura Fernández Sarasquete, Torcuato Gómez Gómez.

Complemento de funcións diversas.

-Auxiliar urbanismo-grupo D-Emilio Lourido Querentes.

Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

-Oficiais 1ª (3)-grupo D-José Queiro Calvo, Manuel Cao Blanco, Antonio Piñeiro García.

-Conductor-oficial 1ª-grupo D-Arturo Brantuas González.

-Peóns (2)-grupo E-Armando Sendón Gómez, José Manuel Pedrosa Beiro.

Área de cultura e deportes.

Complemento de especial responsabilidade.

-Técnico cultural-grupo A-Concepción Allut Vidal.

Complemento de funcións diversas.

-Ordenanza cultura-grupo E-Manuel Caamaño Mariño.

-Técnico deportes-grupo B-José Serafín Liboreiro Domínguez.

-Profesores conservatorio (8)-grupo B-Dalibor Sebestik Zurek, Lucía Bustabad Abeledo, Adolfo Carreira Pol, Carmen Fernández Caamaño, Mª José Cerviño Pérez, Juan Manuel Varela Louro, Serafín Fernández Villanueva, Ramón López Couso.

Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

-Ordenanza conservatorio-grupo E-Manuel Caldas Blanco.

-Ordenanza ensino-grupo E-José Manuel Túñez Vázquez.

-Ordenanza polideportivo-grupo E-Juan Luís Souto Romero.

Área de servicios sociais.

Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

Servicios sociais.

-Asistente social-grupo B-Mª del Carmen Rodríguez García.

-Asistencia a domicilios (3)-grupo E-Mercedes Romero Fernández, Socorro Filgueira Lado, Concepción Mouriño Carou.

-Educadora familiar-grupo A-Yolanda Gómez Bombín.

Servicio de Tratamento e Atención a Nenos Discapacitados (STAND).

Complemento de especial responsabilidade.

-Pedagogas (3)-grupo A-Mercedes Pérez Pardavila, Teresa Busto Domínguez, Ana Agras Brage.

Unidade Preventivo Asistencial a Drogodependentes (UPAD).

Complemento especial responsabilidade.

-Psiquiatra-grupo A-Ana Mª Vidal López.

-Psicóloga-grupo A-Luisa Blanco Caramés.

Complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade.

-Asistente social-grupo B-Ana Blanco Caramés.

-Auxiliar de clínica-grupo D-Magdalena Sanvicente Leis.

-Auxiliar administrativo UPAD-grupo D-Inés Caamaño Carou.

Área de seguridade cidadá.

Complemento de dispoñibilidade-localizado.

-Encargado de protección civil-grupo D-Eduardo Moledo Arufe.

-Oficiais 1ª GMIR-grupo D-Juan Carlos Ferreiros Vila, Francisco Javier Lorenzo Agrafojo, J. Luís Suárez Vinagre.

Disposicións adicionais

Primeira.-De se-lo caso que a xurisdicción laboral declare como improcedente o despedimento dalgúns traballadores afectados por este convenio o concello comprométese a optar pola readmisión do traballador.

Segunda.-Este concello recoñecerá os servicios prestados noutros organismos oficiais para efectos de antigüidade, sempre, aboándolle a contía correspondente á categoría de procedencia, mentres que o traballador que non cumpra os tres anos de permanencia no concello, que se lle aboará a correspondente á súa categoría profesional.

Terceira.-Para os efectos de aplicación deste convenio, aqueles traballadores subrogados do Concello de Noia na empresa Gestagua S.A., no suposto de que optasen por acollerse a este convenio, aplicaráselle-lo complemento de posto de traballo de toxicidade, penosidade e perigosidade previsto no artigo 25.

ANEXO I

Salarios por grupos retributivos

Grupo retributivo mensual: salario base+complemento posto de traballo.

Grupo I: 1.910,03 euros.

Grupo II: 1.700,72 euros.

Grupo II (profesores conservatorio): 1.522,65 euros.

Grupo III: 1.495,14 euros.

Grupo IV: 1.091,04 euros.

Grupo V: 935,23 euros.

ANEXO II

Antigüidade % establecido por grupos

Grupo I: 4,16%.

Grupo II: 4,12%.

Grupo III: 4,05%.

Grupo IV: 4,05%.

Grupo V: 3,6%.

ANEXO III

Complementos de posto de traballo

* Postos de traballo que quedan afectados polo complemento de especial responsabilidade:

-Xefatura de rendas.

-Axencia de desenvolvemento local.

-Arquitectos técnicos (2).

-Técnico cultural.

-Psiquiatra UPAD.

-Psicóloga UPAD.

-Pedagogas (3).

* Postos de traballo que quedan afectados polo complemento de funcións diversas:

-Auxiliar administrativo secretaría.

-Auxiliar administrativo rexistro xeral.

-Auxiliar administrativo nóminas.

-Xefatura de contabilidade e fiscalización.

-Auxiliar administrativo de intervención.

-Auxiliar administrativo de recadación (2).

-Auxiliar administrativo de urbanismo.

-Ordenanza cultura.

-Técnico polideportivo.

-Profesores conservatorio municipal (8).

* Postos de traballo que quedan afectados polo complemento de dispoñibilidade-localizado:

-Encargado protección civil.

-Oficiais 1ª grupo municipal de intervención rápida (3).

* Postos de traballo que quedan afectados polo complemento de toxicidade, penosidade e perigosidade:

-Oficiais de 1ª obras (3).

-Conductor, oficial de 1ª obras.

-Peóns obras (2).

-Ordenanza conservatorio municipal.

-Ordenanza polideportivo.

-Ordenanza ensino.

-Asistente social. Servicio Social de Base.

-Asistencia domicilios. Servicio Social de Base (3).

-Educadora familiar.

-Asistente social UPAD.

-Auxiliar clínica UPAD.

-Auxiliar administrativo UPAD.

CategoríaPosto de traballoNúmeroGrupoVacantes

B) Persoal laboral fixo/indefinido

1. Licenciada en Historia (Concepción Allut Vidal)Servicios culturais1A

2. Licenciada en Económicas (Amparo Méndez Rodríguez)Xefatura de rendas1A

3. Arquitecto técnico (José Ventura Fernández Sarasquete)Urbanismo1B

4. Monitor deportivo (José Liboreiro Domínguez)Monitor deportivo1B

5. Técnica informática (Mª del Carmen Freire Bouzada)Contabilidade1C

6. Oficial de 1ª (Eduardo Moledo Arufe)Protección civil1D

7. Oficial de 1ª (Arturo Brántuas González, Manuel Cao Blanco, José Queiro Calvo, Antonio Piñeiro García)Urbanismo4D

8. Auxiliar Administrativo (Mª Dolores Mayo Roo, Saturnino Villaverde Muñiz)Recadación2D

9. Auxiliar Administrativo (Rosa Mª Barreiro Álvarez)Rexistro xeral1D

10. Auxiliar Administrativo (Emilio Lourido Querentes)Urbanismo1D

11. Auxiliar Administrativo (Rosario Rial Castaño)Intervención1D

12. Peón (José Manuel Pedrosa Beiro)Urbanismo1E

13. Ordenanza (Manuel Caamaño Mariño)Casa da Cultura1E

14. Ordenanza (José Luis Souto Romero)Polideportivo1E

15. Ordenanza (Manuel Caldas Blanco)Conservatorio1E

16. Peón (Armando Sendón Gómez)Urbanismo/enterrador1E

17. Ordenanza EXG (José Túñez Vázquez)Ordenanza EXB1E

18. Licenciado Axencia Desenvolvemento Local (Aquilino López Leira)Axencia Desenvolvemento Local1A

19. Técnico Animación Socio-CulturalAsistencia social1B1

20. Grupo Municipal de Intervención Rápida (Javier Lorenzo Agrafojo, Juan Carlos Ferreirós Vila, José L. Suárez Vinagre)Protección civil3D

21. Auxiliar administrativo (Gloria Couceiro Leira)Nóminas1D

22. Delineante (Torcuato Gómez Gómez)Urbanismo1C

23. Auxiliar administrativo (Manuel Nieto Abeijón)Secretaría1D

Totais291

CategoríaPosto de traballoModalidade de contrataciónNúmeroGrupoVacantes

C) Persoal laboral indefinido adscrito a servicio de carácter temporal

1. Médico psiquiatra (Ana Mª Vidal López)UPADServicio determinado1A

2. Psicólogo (Mª Luisa Blanco Caramés)UPADServicio determinado1A

3. Asistente social (Ana Dolores Blanco Caramés)UPADServicio determinado1B

4. Auxiliar de clínica (Magdalena Sanvicente Leis)UPADServicio determinado1D

5. Pedagogas (Mercedes Pérez Pardavila, Teresa Busto Domínguez, Ana Agras Brage)STANDServicio determinado3A

6. Profesores (Adolfo Carreira Pol, Mª José Cerviño Pérez, Juan Manuel Varela Louro, Mª del Carmen Fernández Caamaño, Mª Lucía Bustabad Abeledo, Dalibor Sebestik, Serafín Fernández Villanueva, Ramón Fernando López Couso)ConservatorioServicio determinado8B

7. MonitorEPAServicio determinado1C1

8. Auxiliar administrativo (Inés Caamaño Carou)UPADServicio determinado1D

9. Monitor deportivoMonitor1C1

10. Asistencia a domicilio (Mercedes Romero Fernández, Socorro Filgueira Lado, Concepción Mouriño Carou)Asist. domiciliariaServicio determinado3E

11. Asistencia social (Mª del Carmen Rodríguez García)Asistencia socialServicio determinado1B

12. Pedagoga (Yolanda Gómez Bombín)Asistencia socialServicio determinado1A

Totais232

D) Persoal laboral temporal con contrato de carácter anual

1. Técnico local de emprego (Julio Seijas Arufe)Axencia desenv. localServicio determinado1A

2. Xefes de equipo Grupo Municipal de Intervención Rápida -Grumir- (José Antonio Freire Gandarela, Manuel Fernández Abeijón, Francisco Javier García Vidal)Protección civilServicio determinado3C

3. Oficial 3ª Grupo Municipal de Intervención Rápida -Grumir(Baldomero Rama Río, F. Gabriel Canabal López, Pablo Pérez López, Javier Nieto Sieira, Pilar Ameneiro Iglesias, Monserrat García Sanmartín, Marcos Santos Pérez, Antonio Mayán Pérez, Ana Isabel González Vila)Protección civilServicio determinado9E

Totais13