Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (568/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 568/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Absolvo a Jorge Duarte Espasandín da falta de furto pola que se viña sendo acusado, con tódolos pronunciamentos favorables, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e que contra ela poderán interpoñer, no prazo de cinco días, recurso de apelación perante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Jorge Duarte Espasandín, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o trece de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN