Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (357/2003).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 357/2003 se acordou, por resolución con data de hoxe, a citación de Alfredo Salgado Lombao mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 357/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Alfredo Salgado Lombao, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 3 de xullo de 2003, ás 10.00 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndolle que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ó que houber lugar en dereito.

A Coruña, catorce de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO