Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de notificación de sentencia

(421/2002). En Padrón o 19 de febreiro de 2003.

Vistos por María Dolores Vilar Hortas, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co número 421/2002, por instancia da entidade Festo Pneumatic, S.A. representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, substituído por Ricardo García Piccoli Atanes e asistido polo letrado Francisco Javier Castro Rey, substituído polo letrado Sr. Carreja González, contra a entidade Inoxgalgo, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, e nos que se dictou sentencia con base ós seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido: estimar integramente a demanda promovida polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación da entidade Festo Pneumatic, S.A. contra a entidade Inolgalgo, S.L. condenando a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.622,12 euros, máis os xuros legais, con expresa imposición das custas causadas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que se presentará ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación.

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde Inoxgalgo, S.L. estendo este edicto en Padrón o 5 de maio de 2003.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA