Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de hostalería.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector da hostalería, con nº de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-4-2003, subscrita en representación da parte económica pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería, Asociación de Empresarios de Hospedaje e Asociación de Salas de Fiestas y Espectáculos, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data 20-2-2003. De conformidade co disposto nos artigos 27 e 28 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DE HOSTALERÍA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

En Vigo o 20 de febreiro de 2003, nos locais sociais da CEP-Confederación Provincial de Empresarios-sitos na r/ García Barbón, 104 baixo-Vigo, ás 20.00 horas, reúnense as persoas da comisión paritaria que se detallan a continuación, na súa condición de membros da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra.

Asistentes:

María del Tránsito Fernández Fernández: CIG.

José Antonio Boullosa Gómez: UGT.

Santiago Martín Iglesias: CC.OO.

José Manuel Barbosa Suárez: ASEHOSPO.

Carlos Rodríguez Cerdeira: FEPROHOS.

Orde do día.

Único.-Revisión salarial do ano 2002, de acordo cos artigos 27 e 28 do convenio colectivo de hostalería para a provincia de Pontevedra.

ACORDAN:

Que efectuados os cálculos, de acordo cos citados artigos 27 e 28 do convenio colectivo de hostalería para a provincia de Pontevedra, respecto ó IPC previsto polo Goberno e o IPC real para o ano 2002 (que foi un 4%) e aplicado xa o aumento do convenio para o ano 2002 do 3,5%, procede e así se acorda, incrementar ás táboas salariais do dito convenio, o diferencial do 0,5%; quedan actualizados os salarios nas contías reflectidas na táboa adxunta.

Así o acordan e asinan tódolos membros da comisión paritaria na data sinalada ó comezo.

Asinado representación empresarial:

José Manuel Barbosa Suárez.

Carlos Rodríguez Cerdeira.

Secretario actas.

Asinado representación sindical:

Santiago Martín Iglesias.

José Antonio Boullosa Gómez.

María del Tránsito Fernández.

Nivel20012002Revisión

0,5%

2002

revisado

2003

1967,33 A1.001,19 A4,84 A1.006,02 A1.036,20 A

2932,22 A964,85 A4,66 A969,51 A998,59 A

3914,31 A946,31 A4,57 A950,88 A979,41 A

4882,06 A912,93 A4,41 A917,34 A944,86 A

5867,73 A898,10 A4,34 A902,44 A929,51 A

6856,99 A886,98 A4,28 A891,27 A918,01 A

7842,66 A872,15 A4,21 A876,37 A902,66 A

8828,32 A857,31 A4,14 A861,45 A887,30 A

9810,41 A838,77 A4,05 A842,83 A868,11 A

10796,08 A823,94 A3,98 A827,92 A852,76 A

11781,75 A809,11 A3,91 A813,02 A837,41 A

12771,00 A797,99 A3,86 A801,84 A825,90 A

13756,67 A783,15 A3,78 A786,94 A810,54 A

14742,34 A768,32 A3,71 A772,03 A795,19 A

15724,43 A749,79 A3,62 A753,41 A776,01 A

16710,09 A734,94 A3,55 A738,49 A760,65 A

17699,35 A723,83 A3,50 A727,32 A749,14 A

18681,44 A705,29 A3,41 A708,70 A729,96 A

19670,69 A694,16 A3,35 A697,52 A718,44 A

20656,35 A679,32 A3,28 A682,60 A703,08 A

21642,02 A664,49 A3,21 A667,70 A687,73 A

22627,69 A649,66 A3,14 A652,80 A672,38 A

23609,78 A631,12 A3,05 A634,17 A653,20 A

24595,45 A616,29 A2,98 A619,27 A637,85 A

25584,70 A605,16 A2,92 A608,09 A626,33 A

26566,79 A586,63 A2,83 A589,46 A607,15 A

27453,43 A469,30 A2,27 A471,57 A485,71 A