Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de maio de 2003 de creación da tarxeta de acreditación do persoal que realiza inspeccións no ámbito da saúde pública.

A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, no seu artigo 31, autoriza o persoal ó servicio das Administracións públicas que desenvolva funcións de inspección, a exercer estas mesmas acreditando se é preciso a súa identidade. Co obxecto de compatibilizar esta previsión legal, co dereito dos cidadáns a identificar ó persoal ó servicio das administracións públicas responsables da tramitación dos procedementos, contemplado no artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre habilitar un instrumento que permita a identificación do persoal que exerce aquelas funcións de inspección en materia de saúde pública.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, co fin de mellora-los servicios que presta en materia de protección da saúde, considera necesario dota-lo persoal que ten atribuídas funcións de inspección dentro do ámbito da saúde pública, dunha acreditación especial que lles permita identificarse de xeito fidedigno á hora de efectua-las inspeccións pertinentes, contribuíndo a unha optimización do servicio e a unha maior seguridade para os cidadáns.

Por outra banda, cómpre tamén garanti-lo dereito dos empresarios no que atinxe ó segredo das informacións obtidas a través dos procedementos de inspección, sen menoscabo da capacidade inspectora dos propios funcionarios, dotanto a estes dun instrumento que garanta a súa identidade, e ó mesmo tempo asegure ó inspeccionado que a información recabada terá como único destino o propio da función inspectora que se desenvolve.

Por todo isto, en exercicio das facultades conferidas no artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada por Lei 4/1999, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O persoal que teña atribuídas funcións de inspección dentro do ámbito da saúde pública da Con

sellería de Sanidade, acreditará a súa identidade coa correspondente tarxeta de acreditación, que terá as características descritas no anexo desta orde.

Artigo 2º

1. A tarxeta de acreditación é un documento persoal e intransferible.

2. A expedición da tarxeta de acreditación corresponderalle á Dirección Xeral de Saúde Pública, que levará un control das tarxetas existentes en cada momento.

3. O persoal que no desenvolvemento das súas funcións proceda a realizar unha visita a calquera establecemento ou industria, identificarase mostrando a acreditación correspondente, xunto co carné de identidade ou de funcionario, se é o caso, e se así llelo solicita o propietario do establecemento.

4. Nos casos de extravío, perda ou roubo, o titular da tarxeta solicitará da Dirección Xeral de Saúde Pública a expedición doutra tarxeta de acreditación.

Artigo 3º

Cando o titular da tarxeta de acreditación cese no seu posto de traballo, deberá facer entrega da mesma na correspondente Delegación Provincial da Consellería de Sanidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Saúde Pública para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor transcorrido un mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

A tarxeta de acreditación está realizada en PVC, cunhas medidas de 87x54 milímetros.

Anverso:

* Anagrama da Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade; Dirección Xeral de Saúde Pública.

* Fotografía tipo carné, de 25x35 milímetros.

* Inspección de Saúde Pública.

* Nº de código.

* Lugar e data de expedición.

* Orde do 20 de maio de 2003.

Reverso:

* Inspección de Saúde Pública.

* Nome, apelidos e número do documento nacional de identidade do titular.

Texto:

Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, artigo trinta e un: o persoal ó servicio das admi

nistracións públicas que desenvolva as funcións de inspección, cando exerza tales funcions e acreditando, se é preciso, a súa identidade, estará autorizado para:

a) Entrar libremente e sen previa notificación, en calquera momento, en todo centro ou establecemento suxeito a esta lei.

b) Proceder ás probas, investigacións ou exames necesarios para comprobar o cumprimento desta lei e das normas que se dicten para o seu desenvolvemento.

c) Tomar ou sacar mostras, en orde á comprobación do cumprimento do previsto nesta lei e nas disposicións para o seu desenvolvemento.

d) Realizar cántas actuacións sexan precisas, en orde ó cumprimento das funcións de inspección que desenvolvan.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL