Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 12 de xuño de 2003 Páx. 7.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003 pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día do Pleno do Consello Galego de Turismo.

En cumprimento do establecido no artigo 8 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión do Pleno do Consello Galego de Turismo para o día 19 de xuño de 2003 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da dita reunión será a que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Orde do día da reunión do 19 de xuño de 2003, do Pleno do Consello Galego de Turismo.

1. Constitución do Pleno.

2. Aprobación do regulamento de réxime interno.

3. Proposta de estudio ás tres universidades galegas sobre a elaboración do Plan de ordenación turística de Galicia.

4. Rogos e preguntas.