O artigo 7 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia define o Consello Galego de Turismo, creado mediante o Decreto 90/1989, do 11 de maio, como o órgano consultivo, asesor e colaborador da Xunta de Galicia en materia turística, regulamentándose a súa composición, organización e funcionamento no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.
No artigo 1 do dito decreto establécese a composición do Consello Galego de Turismo e no seu artigo 2 o nomeamento dos membros que o compoñen.
Consecuentemente procede nomea-los vocais designados por proposta de cada organización, órgano ou institución.
Por isto, en aplicación do artigo 2 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de
municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico,
DISPOÑO:
Artigo único.-Designar como vocais do Consello Galego de Turismo por un período de catro anos, segundo os artigos 1 e 2 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as persoas que a continuación se relacionan:
Pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda:
-Carlos Negreira Souto, presidente do ente público Portos de Galicia.
Pola Consellería de Medio Ambiente:
-Francisco García-Bovadilla Prósper, director xeral de Convervación da Natureza.
Pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural:
-Secundino Grobas Mosquera, director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.
Pola Consellería de Sanidade:
-Manuel Barral Castro, director xeral de Saúde Pública.
Pola Consellería de Economía e Facenda:
-Margarita Rodríguez Rama, directora xeral do Igape.
Pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:
-Eduardo Suárez Campo, subdirector xeral de Ensino e Desenvolvemento Pesqueiro.
Pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia, S.A.):
-Pedro Capó Martínez, xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia.
Pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo:
-Aníbal Otero Fernández, director-xerente da Sociedade Anónima do Plan Xacobeo.
Pola Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia:
-José Jesús Cudeiro Mazaira, director xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.
Polos palacios de congresos e organizadores profesionais de congresos:
-Ramón Orjales Pita, presidente da Asociación galega de empresas de organización profesional de congresos.
Polos centros oficiais de formación profesional de hostalería:
-Mª del Pilar Mar Pérez Marsó, directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
Polas asociacións de usuarios e consumidores:
-Olga Pereira Penedo, membro da Asociación de consumidores do Salnés.
Polo Instituto Galego de Consumo:
-Mª Jesús Muñoz Chesa, xerente do Instituto Galego de Consumo.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de aloxamentos hoteleiros:
-José Manuel Barbosa Suárez, presidente da ASEHOSPO.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de aloxamentos de turismo rural:
-Luciano Sánchez Calvo, presidente de AGATUR.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de campamentos de turismo:
-Delfín Fidalgo Fernández, presidente da Asociación de Campings de Galicia.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de restaurantes:
-Juan Silva Alvite, presidente da Asociación de hostalería de Santiago de Compostela.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de cafeterías, cafés, bares, tabernas, discotecas e salas de festas:
-Eliseo Calviño Lema, presidente da Asociación de empresarios de hostalería da Coruña.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de catering e de colectividades:
-Carlos Rodríguez Cerdeira, presidente da Asociación profesional de empresarios de catering e colectividades de hostalería de Galicia.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de axencias de viaxes:
-Benigno Miranda García, presidente de AEDAVE Galicia.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de establecementos balnearios:
-Mª Soledad Espiño Alende, presidenta da Asociación galega da propiedade balnearia.
Polas asociacións galegas, con implantación en todo o territorio da comunidade autónoma, de empresarios de guías de turismo especializados:
-Mª Cristina Balseiro López, presidenta da Asociación profesional de guías turísticos de Galicia.
Pola Federación Galega de municipios e provincias:
-Manuel Lagares Pérez, alcalde de Betanzos.
-Telmo Martín González Rodríguez, alcalde de Sanxenxo.
-Enrique Fernández González, alcalde da Pontenova.
-Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
Pola Deputación Provincial da Coruña:
-Juan Blanco Rouco, deputado provincial e vicepresidente terceiro da Deputación Provincial da Coruña.
Pola Deputación Provincial de Lugo:
-Francisco Cacharro Pardo, presidente da Deputación Provincial de Lugo.
Pola Deputación Provincial de Ourense:
-Rogelio Martínez González, deputado provincial e vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.
Pola Deputación Provincial de Pontevedra:
-Telmo Martín González Rodríguez, deputado provincial.
Polas Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia:
-Manuel González-Granxeiro Rodríguez, vicepresidente da Cámara de Comercio de Lugo e presidente da Asociación de hostalería de Lugo.
Pola Universidade da Coruña:
-Manuel González Sarceda, vicerrector de Estudiantes da Universidade da Coruña.
Pola Universidade de Santiago de Compostela:
-José Antonio Varela González, catedrático da área de comercialización e investigación de mercados do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Pola Universidade de Vigo:
-Encarna González Vázquez, catedrática e directora do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Polas centrais sindicais:
-Miguel A. Cajigal Fariña, membro da Unión Xeral de Traballadores de Galicia.
-Alfredo Santomil García, membro da Confederación Intersindical Galega.
-Jorge Carneiro Penedo, membro de Comisións Obreiras de Galicia.
Finalmente, os vocais designados entre persoas de recoñecido prestixio e experiencia en temas de turismo son:
-José Antonio Ferreiro Piñeiro.
-José Luis González Sobral, vicesecretario xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-Cecilia Vila Regard.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo