Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.567

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de xuño de 2003 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 para o acceso ás categorías 001(camareiro/a-limpador/a e outras) e 011 (limpador/a e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160 do 20 de agosto) convocou o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías do grupo V, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras) mediante Orde do 7 de abril de 2003 (DOG nº 73, do 14 de abril) e para o acceso á categoría 011 (limpador/a e outras) mediante Orde do 11 de marzo de 2003 (DOG nº 56, do 20 de marzo). Por todo o exposto e de acordo co disposto na base V da convocatoria esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ás categorías 001 (camareiro/a-limpador/a e outras) e 011 (limpador/a e outras) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid s/n-polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela), o día 18 de xuño de 2003 ás:

-9.00 horas os aspirantes do grupo V-categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras).

-15.30 horas os aspirantes do grupo V-categoría 011 (limpador/a e outras).

Terán preferencia para a elección de destino os aspirantes da quenda de promoción interna, e dentro

destes a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

Esta orde de prelación e os destinos ofertados serán os que figuran nos anexos I e II desta convocatoria.

Os postos de traballo adxudicados terán a natureza de destino definitivo de acordo co disposto no artigo 7.2º do IV convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e á orde de prelación obtida no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ós aspirantes presentes ou representados, e entre os que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o acceso ás ditas categorías, e que estean prestando os seus servicios noutra categoría, corpo ou escala da Xunta de Galicia, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría que superaron de acordo co artigo 24.5º do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal na que conste que o interesado presta os seus servicios na actualidade.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer, os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna, reclamación administrativa previa perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídido das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes e os aspirantes que accedan pola quenda libre, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencios-Administrativo

de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública