Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.566

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de xuño de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 20 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo de xestión de administración da Xunta

de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas

Titular:

Presidente: José Luis Veiga Castiblánquez, delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda na Coruña.

Vocais:

Santiago Valencia Vila, letrado da Asesoría Xurídica Xeral.

César García Novoa, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Ángel Rábade Pallares, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mercedes Lamas Vilariño, secretaria territorial da Consellería de Economía e Facenda na Coruña.

Suplente:

Presidente: Matías Alonso del Campo, subdirector xeral de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios.

Vocais:

Carlos Abuín Flores, letrado da Asesoría Xurídica Xeral.

Antonio López Díaz, catedrático de dereito financeiro e tributario da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Josefa Mariño Rivas, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: David Maceira Rial, subinspector tributario na Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo.