Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.561

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da UTE Unión Fenosa Generación e Unión Fenosa Operación y Mantenimiento no centro de traballo de Sogama en Cerceda.

Visto o expediente do convenio colectivo da UTE Unión Fenosa Generación e Unión Fenosa Operación y Mantenimiento no centro de traballo de Sogama en Cerceda (código convenio 1504011) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-4-2003, subscrito en representación da parte económica polos representantes da unión temporal de empresas citada, e da parte social, polo delegado de persoal o día 20-2-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regula as condicións de traballo dos traballadores fixos e eventuais, calquera que sexa

a súa modalidade de contrato ou a súa categoría, da Unión Temporal de Empresas denominada Unión Fenosa Generación e Unión Fenosa Operación y Mantenimiento, S.A., nas instalacións correspondentes ó Complexo Medioambiental de Cerceda, que a Sociedade Galega de Medioambiente, Sogama, ten no concello de Cerceda.

Artigo 2º.-Vixencia.

Estará en vigor por tres anos, desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004.

Finalizada a vixencia deste convenio e ata que se produza o asinamento dun novo entre as partes, seguirá en vigor todo o seu articulado e contido.

Artigo 3º.-Denuncia.

Quedará denunciado automaticamente ó remate da súa vixencia.

Artigo 4º.-Subrogación.

Ámbalas partes coñecen a falta de lexitimación da UTE para establecer calquera pacto relativo á subrogación, polo que neste asunto se observará o establecido na carta dirixida ós traballadores da UTE con data do 21 de xaneiro de 2003, que se incorpora como anexo II deste convenio.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

As condicións máis beneficiosas para os traballadores en relación a este convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as veñan desfrutando, sen ser compensables ou absorbibles.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

Ámbalas partes negociadoras acordan establecer unha comisión mixta paritaria que estará composta polo representante legal dos traballadores e un representante legal da empresa, e os asesores que as partes de mutuo acordo establezan.

A comisión mixta interpretadora terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos deste convenio.

c) Conciliación en conflictos colectivos que supoñan a interpretación e aplicación das normas deste convenio.

d) Cantas funcións tendan á maior eficacia deste convenio ou deriven do estipulado no seu texto e anexos, que formen parte del.

e) Os acordos por unanimidade da comisión serán incorporados ó convenio como se deste se tratase.

Artigo 7º.-Xubilación.

De conformidade co Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, poderá solicitarse a xubilación ós 64 anos, obrigándose a empresa de acordo co citado real decreto, a substituí-lo traballador que se xubile por outro traballador nas condicións previstas na referida disposición.

Artigo 8º.-Cesamento voluntario.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán estarán a poñelo

en coñecemento dela, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

Grupos I e II: 1 mes.

Grupos III e IV: 15 días.

O incumprimento por parte dos traballadores da obriga de avisar coa indicada antelación, dará dereito á empresa a descontar da liquidación do mesmo o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso previo.

Capítulo II

Xornada

Artigo 9º.-Xornada.

A xornada do persoal comprendido dentro do ámbito deste convenio será de corenta horas semanais, en quendas de oito horas rotativas de mañá, tarde e noite os 365 días do ano, e en xornada partida de luns a venres.

O cómputo anual será de 1.752 horas de traballo efectivo, que se distribuirán mediante calendario anual rotativo de horario, descanso e vacacións, que será negociado entre as partes.

Esta xornada engloba a tódolos traballadores da empresa.

Os traballadores, de acordo coa empresa, poderán cambia-las súas quendas de traballo, as súas vacacións e os seus períodos de descanso.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións anuais fíxanse en trinta días naturais.

Cando un traballador, por incapacidade temporal previa ou a petición da empresa, non puidese desfrutar as vacacións na quenda establecida no calendario, asignaráselle outra quenda de desfrute dentro de cada ano natural, que será negociado de mutuo acordo.

Artigo 11º.-Permiso por maternidade e xestación.

Ámbalas partes recoñecen a importancia de concilia-la vida profesional e familiar, facendo posible que os traballadores poidan atende-las súas responsabilidades familiares, aplicándose no ámbito da empresa toda a normativa nesta materia, cunha interpretación o máis ampla posible daquela.

Artigo 12º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou polo falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador precise facer un desprazamento para tal feito, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un perío

do determinado, aplicaranse que dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20 por 100 das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no número 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que se deban realizar dentro da xornada de traballo.

g) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai, no caso de que ambos traballen.

h) Quen por razóns de guarda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional de salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 13º.-Cobertura de ausencias imprevistas.

No caso de ausencias imprevistas ou de forza maior, o persoal en réxime de quendas estará obrigado a prolonga-la súa xornada ordinaria un máximo de oito horas o primeiro día en que se produza esta situación, salvo que a xuízo da empresa poida facerse fronte a ela con outra solución menos gravosa para o traballador.

En caso de continua-la ausencia imprevista ou a forza maior nos dous días seguintes, o persoal a quendas prolongará a súa xornada en catro horas a quenda entrante e en catro horas o saínte, non podendo sobrepasar esta situación máis de setenta e dúas horas en total, salvo que isto puidese producir unha indispoñibilidade das instalacións.

Para minimiza-las probabilidades desta circunstancia, a empresa comprométese a adecua-lo cadro de persoal ó conxunto das necesidades operativas.

Aboaranse as axudas de custo que correspondan e os gastos de transporte que se xeren, así como todo o tempo de prolongación como horas extraordinarias.

Capítulo III

Réxime económico

Artigo 14º.-Conceptos económicos.

Os conceptos económicos que integran a retribución dos empregados da UTE son os seguintes:

-Salario base mensual ou salario fixo.

-Pagas extraordinarias.

-Salario variable.

-Complementos de posto de traballo: quendas e nocturnidade.

-Complemento de retén.

-Horas extraordinarias.

-Indemnizacións e suplidos.

Artigo 15º.-Percepción do salario variable.

A retribución variable está ligada á actuación concreta de cada empregado e ó que consegue con esa actuación, determinada mediante criterios homoxéneos e de coñecemento xeral.

O salario variable para o ano 2003 establécese, de acordo co establecido no artigo 16º do vixente convenio, nas porcentaxes sobre o salario base que figuran a seguir:

Grupo profesional I: 19,03%.

Grupo profesional II: 17,34%.

Grupo profesional III: 13,08%.

Grupo profesional IV: 8,77%.

Para o ano 2004, estas porcentaxes axustaranse conforme o establecido no artigo 16º do convenio.

Para o cálculo do 70% da retribución variable dos empregados, terase en conta a porcentaxe dos obxectivos conseguidos pola empresa, pola unidade en que están encadrados e por cada traballador individualmente.

Os obxectivos individuais estableceranse ó comezo do exercicio, de mutuo acordo entre as partes, e serán sempre medibles e alcanzables.

Para o cálculo do 30% restante da retribución variable, a empresa avaliará para cada empregado a súa adecuación ós valores corporativos, previamente explicitados pola empresa, a cal sinalará o peso de cada un destes valores na porcentaxe total. A dita avaliación individual serálle comunicada a cada traballador por escrito a comezos do ano seguinte ó da avaliación.

Artigo 16º.-Condicións económicas.

Primeiro ano de vixencia, ano 2002: incrementaranse un 8% todos os conceptos económicos. O devandito incremento do 8% aplicarase sobre a totalidade do salario, tanto fixo como variable, e incrementarase a suma dos dous no salario fixo.

Segundo ano de vixencia, ano 2003: incrementaranse un 6% tódolos conceptos económicos cunha revisión sobre estes no caso de que o IPC do ano anterior supere o 4% na mesma porcentaxe do exceso.

Terceiro ano de vixencia, ano 2004: increméntanse tódolos conceptos económicos no IPC do ano anterior máis un 1,25%.

Os incrementos sobre o salario variable pasarán a engrosar nun 75% o salario fixo para o segundo e terceiro ano de vixencia.

As contías económicas derivadas dos incrementos pactados neste convenio colectivo non serán compensables nin absorbibles polo salario variable, quedando a variación do mesmo suxeita exclusivamente ó establecido no artigo 15º deste convenio.

Os incrementos acordados obedecen en parte á consolidación dos acordos a que a empresa e os empregados chegaron no momento da súa contratación.

Artigo 17º.-Data de pagamento do salario.

O día de pagamento será o último día hábil de cada mes. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, será o día anterior.

A data de aboamento das dúas pagas extraordinarias será o 15 de xuño para a do verán e o 15 de decembro para a do Nadal, calculadas a razón de trinta días de salario base.

O salario variable aboarase no primeiro trimestre de cada ano natural.

Artigo 18º.-Complemento de quendas.

Percibirase por día efectivo de traballo neste réxime nas contías establecidas na táboa salarial recollidas no anexo I deste convenio.

Artigo 19º.-Complemento de nocturnidade.

Percibirase por hora nocturna realizada nas contías establecidas na táboa salarial recollidas no anexo I deste convenio.

Artigo 20º.-Complemento de retén.

Forman o retén os empregados que están adscritos a un posto de traballo que organizativamente contemple ou que no futuro poida contemplar este servicio.

O retén supón que estes empregados estean localizables e dispostos fóra da súa xornada laboral para a súa incorporación ó traballo cando sexan requiridos para iso, co fin de garanti-lo mantemento, o funcionamento da estación, dos equipamentos ou as instalacións.

Pola súa propia natureza o tempo de dispoñibilidade non terá a consideración de tempo de traballo.

A duración de cada servicio de retén será de sete días naturais consecutivos, durante as horas non laborais.

As condicións da prestación do servicio de retén virán reguladas nun regulamento interno negociado entre as partes, manténdose, mentres non se elabore este, as condicións actuais.

Os traballadores adscritos ó servicio do retén percibirán por día efectivo de retén en concepto de dispoñibilidade as contías establecidas nas táboas salariais recollidas no anexo I.

Quen, estando de retén, fose chamado para efectuar algún traballo desde as 17.30 horas do día 24 de decembro ata as 24.00 horas do día 25 de decembro, ou desde as 17.30 do día 31 de decembro ata as 24.00 horas do día 1 de xaneiro percibirá, ademais do complemento establecido no parágrafo anterior, un complemento de 60,10 euros por cada día que foi chamado nese período.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

A prestación do traballo en horas extraordinarias será voluntaria, excepto as de forza maior, as de retén e as contempladas no artigo 13º deste convenio.

A retribución das horas extraordinarias, será a seguinte:

LaborableFestivo e fin de semana

Grupo II13,50 euros15 euros

Grupo III11,81 euros14 euros

Grupo IV10,13 euros13 euros

Estas cantidades son para o primeiro ano de vixencia do convenio, incrementándose nos anos posteriores nas porcentaxes establecidas no artigo 16º deste convenio.

Artigo 22º.-Axudas de custo e quilometraxe.

Se, como consecuencia de necesidades extraordinarias do servicio, o traballador tivese que efectuar desprazamentos en vehículo propio, percibirá un importe de 0,17 euros por quilómetro.

En igual medida, os traballadores que por necesidades extraordinarias do servicio teñan que desprazarse ou prolonga-la súa xornada laboral e xeren dereitos a axudas de custo, percibirán, por este concepto as seguintes cantidades:

-Almorzo: 2,03 euros.

-Xantar ou cea: 13,50 euros.

Estas cantidades son para o primeiro ano de vixencia do convenio, incrementándose nas porcentaxes establecidas no artigo 16º os restantes anos.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

1. Ó traballador que cause baixa como consecuencia dunha incapacidade temporal derivada de accidente de traballo, in itinere ou enfermidade profesional, aboaráselle ata o 100% do seu salario regulador desde o primeiro día da baixa, como complemento das prestacións da Seguridade Social.

2. A empresa aboará o 100% do seu salario regulador durante o tempo que dure a hospitalización do traballador, intervención cirúrxica e convalecencia domiciliaria derivada daquela como complemento das prestacións da Seguridade Social.

3. A empresa aboaralles ós traballadores afectados por este convenio ata o 80% do seu salario regulador, a partir do primeiro día da baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, e un 90% a partir do vixésimo primeiro día. Estas porcentaxes establécense para o ano 2003, incrementándose ata o 90 e 95% respectivamente para o ano 2004.

A partir da cuarta baixa, esta incluída, non se cobrarán os tres primeiros días de baixa, salvo enfermidade grave ou crónica.

Artigo 24º.-Incapacidade permanente debido a accidente laboral.

A empresa contratará unha póliza de seguros que cubra as continxencias derivadas da morte, incapacidade permanente parcial, total, absoluta ou grande invalidez dos empregados dela cunha cobertura de 15.025 euros para 2002 e 2003 e 18.030 euros para o 2004.

Capítulo IV

Seguridade, formación e representación sindical

Artigo 25º.-Seguridade, prevención e saúde laboral.

Ámbalas partes, recoñecendo a importancia de mante-las máis altas cotas de prevención e saúde laboral, comprométense a realizar cantas medidas sexan precisas para iso.

Os membros do comité de seguridade e saúde disporán, tal e como establece a lexislación nesta materia, do tempo necesario dentro da súa xornada laboral para o exercicio das súas funcións, que deberán comprender de forma efectiva e habitual a comprobación e revisión das medidas de prevención no centro de traballo.

Con carácter obrigatorio para a empresa, tódolos traballadores efectuarán como mínimo unha revisión médica anual, específica para o posto de traballo que desempeñan, dentro da xornada laboral.

Así mesmo, a empresa entregaralles ós traballadores a roupa de traballo, calzado e EPI necesarias e adecuadas ó posto de traballo que desempeñen.

No caso de que no complexo ambiental de Sogama se constitúa un comité ou comisión de prevención e saúde laboral, tanto a representación da empresa como a dos traballadores solicitarán a integración nel, participando de acordo coas normas de que se dote a devandita comisión ou comité.

Artigo 26º.-Formación.

Ámbalas partes recoñecen a importancia da formación continua dos empregados para conseguir tanto o cumprimento dos obxectivos da empresa como o desenvolvemento e promoción profesional de tódolos traballadores dentro dela e, en consecuencia:

-A empresa comprométese a proporcionarlles ós traballadores a formación adecuada ó seu posto e ó que sexa preciso para a súa reciclaxe profesional e para afronta-las modificacións técnicas, organizativas ou derivadas da aplicación de novas tecnoloxías, así como as que permitan o seu desenvolvemento profesional e promoción interna.

Neste sentido, os traballadores comprométense á realización dos cursos, adestramentos e formación profesional que indique a empresa, nos momentos, duración e lugares xeográficos que esta determine, e a desenvolvelos con interese e aproveitamento. O traballador comprométese por este motivo a efectua-las viaxes e desprazamentos que sexan necesarios.

Correrá a cargo da empresa a dita formación profesional, así como os gastos que se xeren.

Esta formación será preferentemente durante a súa xornada laboral e, se non fose así, compensarase como horas extras, aboándolle as axudas e quilometraxe que iso xerase.

Artigo 27º.-Representación sindical.

Tal como se prevé no Estatuto dos traballadores, na Lei orgánica de liberdade sindical e demais lexislación vixente na materia, as horas sindicais acumularanse nunha bolsa anual que se desfrutará cando sexa necesario.

Capítulo V

Clasificación profesional

Artigo 28º.-Categorías profesionais.

A clasificación profesional estructúrase nos seguintes grupos profesionais:

Grupo profesional I: está integrado polos titulados superiores e equivalentes.

Divídese en cinco niveis retributivos en función da experiencia e o desenvolvemento profesional de cada empregado.

Cada nivel retributivo terá un incremento dun 2% sobre o nivel anterior no salario base.

Grupo profesional II: está integrado polos titulados medios e equivalentes.

Neste grupo están incluídos os xefes de quenda, xefes de mantemento e xefes de control técnico e económico.

Divídese en catro niveis retributivos en función da experiencia e o desenvolvemento profesional de cada empregado.

Cada nivel retributivo terá un incremento dun 2,5% sobre o nivel anterior no salario base.

Grupo profesional III: está integrado polas persoas que posúen a titulación de formación profesional de segundo grao e equivalentes.

Neste grupo están incluídos os operadores, montadores e responsable de administración.

Divídese en catro niveis retributivos en función da experiencia e o desenvolvemento profesional de cada empregado.

Cada nivel retributivo terá un incremento dun 2,5% sobre o nivel anterior no salario base.

Grupo profesional IV: está integrado polas persoas que posúen a titulación de formación profesional de primeiro grao e equivalentes.

Neste grupo están incluídos os auxiliares administrativos e os almaceneiros.

Divídese en tres niveis retributivos en función da experiencia e o desenvolvemento profesional de cada empregado.

Cada nivel retributivo terá un incremento dun 3% sobre o nivel anterior no salario base.

As condicións económicas establecidas nas táboas salariais recollidas no anexo I deste convenio serán de aplicación ó nivel retributivo inferior para tódolos grupos profesionais.

Artigo 29º.-Promoción interna e ascensos.

Ademais do previsto legalmente, a empresa comprométese a comunicarlles ós traballadores mediante o seu representante legal calquera praza vacante ou de nova creación por se coas mesmas cualificacións profesionais houbese, dentro do cadro de persoal, traballadores que puidesen acceder ó dito posto. En todo caso, os movementos, ascensos, promocións internas e cobertura de vacantes, produciranse tendo en conta a formación, méritos, antigüidade do traballador, así como as facultades organizativas da empresa.

Capítulo VI

Cláusulas adicionais

Primeira.-Para o non previsto neste convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical, Lei de prevención de riscos laborais e demais lexislación vixente.

Segunda.-As discrepancias producidas no seo da comisión mixta paritaria solventaranse de acordo cos procedementos regulados no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).

ANEXO I

Táboa salarial

Ano 2002

Grupo IGrupo IIGrupo IIIGrupo IV

Salario base30.872,60 A21.921,85 A17.063,94 A13.601,19 A

Salario variable6.188,02 A4.000,34 A2.343,95 A1.250,67 A

Complemento de quendas10,13 A8,10 A

Complemento de nocturnidade1,27 A1,02 A

Complemento de retén11,96 A10,96 A

Horas extraordinaria normal13,50 A11,81 A10,13 A

Hora extraordinaria festiva, fin de semana15 A14 A13 A

Xantar ou cea13,50 A13,50 A13,50 A13,50 A

Almorzo2,03 A2,03 A2,03 A2,03 A

Quilómetro0,17 A0,17 A0,17 A0,17 A

Ano 2003

Grupo IGrupo IIGrupo IIIGrupo IV

Salario base33.003,41 A23.417,18 A18.193,26 A14.473,53 A

Salario variable6.208,84 A4.060,34 A2.379,11 A1.269,43 A

Complemento de quendas10,74 A8,59 A

Complemento de nocturnidade1,35 A1,08 A

Complemento de retén12,68 A11,62 A

Horas extraordinaria normal14,31 A12,52 A10,74 A

Hora extraordinaria festiva, fin de semana15,90 A14,84 A13,78 A

Xantar ou cea14,31 A14,31 A14,31 A14,31 A

Almorzo2,14 A2,14 A2,14 A2,14 A

Quilómetro0,18 A0,18 A0,18 A0,18 A

ANEXO II

Carta de Sogama ó representante legal dos traballadores da UTE.

En Cerceda o 21 de xaneiro de 2003.

Tal e como acordamos na reunión a que a súa empresa e vostede mesmo nos convidaron para nos expo-la inquietude mostrada pola parte social ante un posible futuro cambio de contratista principal para a estación termoeléctrica e a estación de coxeración de Sogama, indicámoslle que, vista a especialización dos traballos do persoal da UTE UFG-UFOM e a súa formación específica recibida, consideramos necesaria a súa continuidade en caso de cambio de contratista, polo que Sogama incorporará

no prego do concurso deste servicio unha cláusula referente á subrogación de persoal.

Sen outro particular, saúdao atentamente.

Jaime D. Bermúdez Alvite

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA