Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de maio de 2003 pola que se abre prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no texto da citada resolución publicada no DOG nº 99, do 23 de maio, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Na páxina nº 6.683, base 4ª, onde di: «...Escala de químicos. Titulación: licenciado en químicas...»; debe dicir: «Escala de químicos. Titulación: licenciado en químicas, licenciado en enxeñería química...».

Na mesma páxina nº 6.683, base 4ª, onde di: «...Escala de biólogos. Titulación: licenciado en bioloxía...»; debe dicir: «Escala de biólogos. Titulación: licenciado en bioloxía, licenciado en ciencias do mar...».