Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello de Noia.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario ó servicio do Concello de Noia que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-4-2003, complementado o 20-5-2003, subscrito pola representación do concello e o delegado de persoal o día 2-4-2003, e aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de 15-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, segundo a redacción dada

pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio dos funcionarios do Concello de Noia

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcionarial.

Este convenio regula as relacións laborais de traballo do persoal funcionario que presta os seus servicios para o Concello de Noia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

1. Este acordo terá aplicación con efectos económicos e sociais desde o primeiro de xaneiro de 2003 e a súa duración será ata ó 31 de decembro de 2004.

As partes comprométense a volver negociar en novembro de 2004 as bases do convenio que rexerán para 2005. A normativa nel pactada manterá a vixencia regulada anteriormente, salvo que no transcurso do dito período medie unha lei que o modifique, neste suposto, ámbalas partes deberán realiza-las condicións e reaxustes correspondentes en todos aqueles aspectos nos que a lei afecte no seu contido xurídico.

2. Conceptos económicos: os conceptos económicos (salariais e extrasalariais) que rexerán durante os anos de vixencia, será o resultante de aplica-lo que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o 2003 e 2004, o que se levará a cabo dentro do primeiro trimestre de cada ano.

3. Prórrogas: cunha antelación mínima de trinta días naturais antes do vencemento deste convenio ou da prórroga anual, ámbalas dúas partes, indistintamente, poderán comunicar á outra, por escrito, a denuncia do convenio considerándose automaticamente prorrogado por anualidades sucesivas, salvo as cláusulas de contido económico (tanto salariais como extrasalariais), que experimentarán en tal caso, unicamente a variación que sinale o índice de prezos ó consumo (IPC) determinado polos órganos oficiais correspondentes, sempre e cando a norma de carácter xeral non o impida.

4. Revisión para o ano 2003 e 2004. No caso de que o índice nacional de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística (INE), rexistrara ó 31 de decembro de cada ano un incremento superior ó pactado, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso da porcentaxe que se produza entre o pactado e o IPC real. Se tal incremento se produce aboarase nunha soa paga no pri

meiro trimestre de 2004 e servirá por conseguinte como base de cálculo do dito ano.

Artigo 3º.-Denuncias.

Este acordo considérase prorrogado por períodos anuais ata a súa denuncia, que deberá producirse cun aviso previo de tres meses respecto da data en que remata a súa vixencia. Nembargantes neste acordo ata que se asine outro novo.

Artigo 4º.-Natureza.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible, e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas e salariais pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexen por imperativo legal, xurisprudencia, contencioso administrativo, convenio ou pacto, contrato individual, usos e costumes locais, ou por calquera outra causa.

Tendo en conta, polo tanto a natureza do acordo, as disposicións legais futuras, incluídas as relativas a salarios interprofesionais, que impliquen variacións económicas en todos ou algún dos conceptos retributivos vixentes con anterioridade a este acordo superan o nivel total deste.

En caso contrario considéranse absorbidas polas melloras pactadas. A compensación será anual e global.

Artigo 6º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do pactado, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 7º.-Comisión paritaria de vixilancia e interpretación do acordo.

Coa finalidade conciliadora e mediadora entre as partes do acordo, e para entender cuestións que se deriven da súa aplicación, crearase unha comisión paritaria de vixilancia e interpretación integrada por igual número de representantes por cada unha das partes.

Esta comisión deberá constituírse dentro dos quince días seguintes á entrada en vigor do convenio e reunirase a petición de calquera das partes ou como mínimo, trimestralmente.

Poderá emitir informe sobre calquera cuestión sometida á súa consideración, e calquera outra que a propia comisión entenda que debe coñecer. Deberase redactar unha orde do día con carácter previo ás súas reunións.

Artigo 8º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e a responsabilidade de organización de traballo corresponde ó goberno da corporación, sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ó persoal na Lei 7/1990 e 9/1987.

Artigo 9º.-Dirección e control da actividade laboral.

O persoal do Concello de Noia estará obrigado a realiza-la prestación laboral baixo a dirección das persoas que a corporación local designe.

Artigo 10º.-Cadros de persoal.

Os cadros de persoal faranse de acordo coas necesidades que hai que cubrir, unha vez aprobado o cadro de persoal.

Para ingresar requirirase posuír e acredita-las condicións de aptitude e preparación suficientes para desenvolve-las funcións de que se trate, superando para tal efecto as probas correspondentes.

O ingreso efectuarase a través dos sistemas establecidos pola lexislación vixente. Das bases, convocatorias e acordos de ampliación e supresión de prazas, darase conta ós representantes sindicais da xunta de persoal, para o efecto de que esta emita o informe que proceda.

Na nivelación, realización e cualificación das probas, tomará parte a representación sindical, conforme o previsto neste acordo.

Artigo 11º.-Promoción interna.

1. A promoción interna consiste no ascenso dos funcionarios desde corpos ou escalas dun grupo de titulación a outros do inmediato superior.

2. Para concursar nesta promoción interna o traballador ten que ser funcionario no cadro de persoal e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral o ascenso no que aspire ingresar.

No caso da promoción interna do grupo D ou C, e segundo o Real decreto 364/1995, e na disposición adicional novena, o acceso a corpos ou escalas do grupo C poderá levarse a cabo a través da promoción interna desde corpos ou escalas do grupo D da área de actividade ou funcionarial correspondente, cando estas existan, efectuarase polo sistema de concurso-oposición, coa valoración na fase de concurso dos méritos relacionados coa carreira e os postos desempeñados, o nivel de formación e a antigüidade.

Para estes efectos requirirase a titulación establecida no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, ou unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación ó que se accederá por criterios obxectivos.

3. O concello comunicará por escrito á representación dos traballadores, facendo consta-lo posto substituído, a causa, nome e apelidos e categoría do substituído.

4. O sistema de valoración confeccionado polo concello será posto en coñecemento dos representantes dos traballadores e establece-la base a un sistema de carácter obxectivo, tomando como referencia o perfil do posto de traballo.

5. Valorarase especialmente:

-Superar satisfactoriamente as probas que para o efecto se establezan.

-Cualificación suficiente para o posto de traballo que se vai cubrir.

-Experiencia no desempeño para o posto de traballo que se vai cubrir.

-Antigüidade no concello.

6. As prazas vacantes, reservadas a promoción interna, adxudicaranse ós aspirantes con maior puntuación e as que non se cubran pasarán á rolda libre.

Artigo 12º.-Tribunais de oposicións e concursos.

Tódolos tribunais que se constituan deberán contar coa presencia como vocais como mínimo un representante sindical designado pola xunta de persoal.

Artigo 13º.-Escala.

A corporación municipal elaborará anualmente a escala do seu persoal, posta ó día, que contará como mínimo dos seguintes datos: número de orde, nome e apelidos, data de nacemento, categoría real que ten e anos de servicio.

A corporación exporá, durante os primeiros 15 día do mes de xaneiro a escala confeccionada, para coñecemento dos funcionarios os cales terán outro prazo de 15 días para reclamar calquera anomalía. A corporación resolverá no prazo dunha semana, de persisti-la desconformidade o afectado poderá recorrer pola vía administrativa.

Artigo 14º.-Clasificación do persoal.

O persoal do Concello de Noia clasificarase en funcionario de carreira, interino e eventual.

Artigo 15º.-Mobilidade por diminución da capacidade física do traballador.

Denomínase mobilidade ós cambios de posto dentro do mesmo centro de traballo.

O persoal que vise diminuída a súa capacidade física por idade ou outras circunstancias, antes da súa xubilación, poderá ser destinado pola alcaldía e coa conformidade do funcionario, e logo de informe da xunta de persoal, a traballos adecuados á súa condición.

A este traballador respectaránselle, na súa totalidade, as retribucións que percibía na súa categoría profesional.

Cando a diminución física obtivera o recoñecemento de dereito á percepción dunha pensión, compatible co exercicio da súa actividade ou oficio, deberá sinalárselle a nova clasificación que lle corresponda de acordo coas súas novas funcións.

A suma de haberes polo novo posto de traballo maila pensión, non poderá ser inferior á que percibía anteriormente.

En canto ó paso para desenvolver unha segunda actividade por parte da policía local remitirase ó disposto polo artigo 35 do Regulamento para o corpo da policía do Concello de Noia vixente, aprobado polo Pleno do 27-2-1992.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

1. A xornada de traballo que terá un máximo xeral de 37,50 horas semanais.

A policía local terá un horario especial con servicio rotatorio de mañá, tarde e noite, seguido de dous días de descanso.

Cada membro da policía local, entre unha quenda e a seguinte, desfrutarán dun descanso de 12 horas, como mínimo.

A policía local verá compensada a súa diferencia horaria coa do resto do persoal funcionario a través do complemento de productividade.

2. Anualmente o concello elaborará conxuntamente cos representantes legais dos traballadores o calendario laboral, debendo expoñer un exemplar nun lugar visible nos centros de traballo.

3. Desde o 1 de xuño ó 15 de setembro a xornada de traballo reducirase de 8.30 a 14.15 horas, constituíndo o horario de verán.

4. O día de Santa Rita de Casia considerarase festivo para tódolos traballadores do concello.

5. As quendas de Nadal estableceranse con independencia dos asuntos propios, distribuíndose o mesmo número de días laborais entre as quendas como segue:

Primeira quenda: os dous últimos días hábiles do ano.

Segunda quenda: os dous primeiros días hábiles do ano.

6. Os traballadores a réxime de quendas ou xornadas especiais recibirán polos días festivos non dominicais traballados unha compensación que pode ser económica ou días libres.

9. Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio que teñan xornada continuada, desfrutarán dun descanso intermedio de 30 minutos, que se considerará como tempo de traballo efectivo para tódolos efectos.

Artigo 17º.-Vacacións.

Con carácter xeral, as vacacións anuais retribuídas do persoal funcionario e estatutario serán dun mes natural ou de vintedous días hábiles anuais por ano completo de servicio ou en forma proporcional á do tempo de servicios efectivos, e serán desfrutadas polos empregados públicos de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte, períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, de acordo coa planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou organismo, logo consulta cos representantes legais dos empregados públicos. Para estes efectos, os sábados non serán considerados día hábiles, salvo que nos horarios especiais quede establecida outra cousa.

No suposto de ter contemplado os de antigüidade na Administración reflectidos do cadro de persoal posterior, terase dereito ó desfrute dos seguintes días:

Quince anos de servicio: vintetrés días hábiles.

Vinte anos de servicio: vintecatro días hábiles.

Vintecinco anos de servicio: vintecatro días hábiles.

Trinta anos ou máis anos de servicio: vinteseis días hábiles.

Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ó cumprimento da antigüidade referida.

En caso de baixa por maternidade, cando esta situación coincida co período vacacional, quedará interrompido este e poderán desfrutarse as vacacións finalizado o período de permiso por maternidade den

tro do ano natural ou ata o 15 de xaneiro do ano seguinte.

En xaneiro de cada ano farase o cadro de vacacións para os distintos servicios.

As vacacións estarán supeditadas ás necesidades dos servicios que teñan carácter excepcional.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

Todo o persoal vinculado por este convenio, logo de aviso e xustificación, nos casos de:

a) Matrimonio: 15 días naturais ininterrompidos.

b) Nacemento dun fillo, ou a morte dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade, ou urxencia sobrevida, terán dereito a desfrutar das seguintes licencias retribuídas: dous días se o suceso se produce na mesma localidade, ata catro días cando sexa noutra diferente.

c) Traslado de domicilio sen que supoña cambio de residencia, dous días. Se supón un cambio de residencia, ata catro días.

d) Cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal o tempo indispensable, sen esixencia de recuperación do dito tempo empregado, cumprindo coa acreditación do exercicio dos ditos deberes. No caso de cita médica non será obrigatorio tampouco a recuperación do tempo non traballado sendo abondo coa presentación do correspondente xustificante.

e) Asuntos persoais non incluídos nas alíneas anteriores: nove días ó ano, non acumulables ás vacacións anuais podendo distribuílos o traballador á súa conveniencia, logo de autorización, sempre que as necesidades do servicio o permitan. Estas solicitudes deberán realizarse cunha antelación mínima de 72 horas e presentadas no rexistro xeral. No suposto de que as solicitudes non se resolvan en 24 horas de antelación ó día que se vai desfrutar entenderase concedida a licencia. O persoal en xornada de quenda ou xornada especial desfrutará destes días sen que coincida cos días de descanso correspondentes á cadencia dos seus servicios e cunha equivalencia de nove días de asuntos propios excepto se a xornada de traballo fora superior a 8 horas que se contabilizará por horas, é dicir 48 horas.

f) Persoal cun fillo menor de 10 meses terá dereito a un permiso de dúas horas diarias do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións dunha hora cada unha ou substuituírse por unha reducción da xornada normal en dúas horas.

g) Quen por razón de garda legal teña ó seu cargo algún menor de 6 anos ou un diminuído psíquico ou físico que non desenvolvan ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha diminución da xornada de traballo nun 1/3 ou 1/2 coa reducción proporcional das súas retribucións. A concesión de reducción da xornada por razón de garda legal será incompatible coa realización de calquera outra actividade, sexa ou non remunerada, durante o horario que foi obxecto da reducción.

h) Nos casos de licencia para realizar funcións sindicais, formación sindical ou de representación do persoal, regularanse de acordo co pactado neste acordo e supletoriamente co legalmente establecido.

i) Poderán concederse licencias por asuntos propios, sen retribución ningunha e, que a súa duración acumulada non se exceda en ningún caso de tres meses en dous anos. A concesión desta licencia subordinarase ás necesidades do servicio.

j) Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, a excepción dos servicios de información, rexistro xeral e todos aqueles contemplados nas vixentes instruccións sobre a xornada e horarios de traballo do persoal ó servicio do Concello de Noia. O calendario laboral establecerá medidas de compensación para o caso de que as datas indicadas coincidan cos días festivos para o persoal ó servicio do Concello de Noia.

Artigo 19º.-Suspensión por IT, accidente laboral e enfermidade profesional.

Nos casos de enfermidade profesional o concello complementará as prestacións da Seguridade Social ou mutua patronal ata alcanzar o 100% do total das retribucións deste convenio, igual que se estivera en activo.

Nos casos de incapacidade transitoria (IT) por enfermidade común aboarase o 100% das retribucións desde o primeiro día de enfermidade.

Durante o período de IT o traballador estará obrigado a acredita-la súa situación mediante a entrega dos correspondentes partes médicos de confirmación. O concello poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante recoñecemento médico. A negativa do traballador ós ditos recoñecementos poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos establecidos neste artigo. Naqueles casos que se consideren abusivos a comisión paritaria determinará a aplicación ou non deste artigo.

Artigo 20º.-Excedencia por servicios especiais.

Dará dereito a conservación do posto e ó cómputo de antigüidade da súa vixencia, e concederase a causa de designación ou elección para un cargo público ou función sindical electiva, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito provincial ou superior, que se imposibilite a asistencia ó traballo.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó do cesamento no cargo público ou función sindical, producíndose a reincorporación inmediata.

Artigo 21º.-Salario.

Os salarios mensuais do persoal acollido a este convenio serán no 2003 os correspondentes ó grupo e complemento de destino que figuran no anexo I

Artigo 22º.-Substitución e traballo de categoría superior.

En caso de vacante cando sexa necesario substituír un funcionario de habilitación nacional, cubrirase a teor do previsto para tales casos polo Real decreto 1732/1994, percibindo as retribucións complementarias do posto, logo de nomeamento e asunción das funcións e responsabilidades do posto de traballo. En substitución análoga noutros postos de traballo aplicaranse o mesmo criterio.

Nos casos de substitución temporal de funcionarios de nivel superior, o substituto percibirá unha gra

tificación complementaria por maior dedicación e responsabilidade: será fixada polo órgano municipal correspondente.

Artigo 23º.-Formación e capacitación profesional.

En prol de que o servicio ó cidadán por parte do concello sexa cada día máis áxil, eficaz e productivo establécese que todo o persoal que estea cursando estudios e que o horario destes coincida en todo ou parte co da súa xornada laboral, terá dereito o que o concello adecúe o seu horario de traballo para facer estes compatibles.

O concello promoverá a capacitación profesional ó seu servicio, promovendo cursos de capacitación profesional. Estes cursos, conforme a lexislación vixente, serán considerados dentro da xornada de traballo.

Nun período de tres anos, todo o persoal que o demande poderá realizar alomenos un curso de capacitación profesional.

De tódalas comunicacións de cursos na C.A. e outras de interese recibidas no concello haberá que dar conta á xunta de persoal.

Os funcionarios que desexen asistir a algún destes cursos deberán solicitalo á alcaldía, a través do rexistro xeral do concello.

A asistencia a cursos deberá ser previa autorización do concello, que aboará matrícula e os desprazamentos, se é o caso, así como, nos casos en que fose necesario xantar fóra da casa será o 50%, no caso de comisión de servicios se se trata de residencia eventual acadarán ata o 80%, ou o que estivese estipulado legalmente aboará as axudas de custo correspondentes.

Artigo 24º.-Vestiario.

Dotarase o persoal de servicios que así o precise, de dúas prendas pezas de roupa de traballo ó ano, igualmente proverase de botas de auga, calzado de seguridade, guantes ou traxes especiais a aquel persoal que o precise, de todos aqueles elementos que o comité de seguridade e hixiene estableza. A entrega no vestido realizarase no primeiro trimestre do ano.

Melloras sociais

Artigo 25º

Establécese coa finalidade da negociación dun fondo de pensións unha bolsa anual para o persoal fixo ou indefinido por importe de 12.020,24 euros, cantidade que será repartida equitativamente, así como negociable o seu incremento anualmente.

Artigo 26º

Os traballadores afectados por este convenio ó contraer matrimonio ou en caso de parella de convivencia debidamente xustificada percibirá en concepto de axuda por nupcialidade a cantidade de 150,25 euros. Así mesmo, e en concepto de axuda por natalidade percibirá por cada fillo a mesma cantidade.

Artigo 27º.-Anticipos reintegrables sen intereses e préstamos persoais.

1. Anticipos reintegrables sen intereses: o concello habilitará durante a vixencia deste convenio un fondo de 18.030,36 euros anuais para o obxecto de

que os traballadores, con antigüidade superior a un ano, poidan solicitar, por razóns de urxencias, un anticipo reintegrable sen xuros de ata 3.606,07 euros ou dúas mensualidades. O importe dos mencionados anticipos será reintegrado mediante deducción da cantidade que corresponda en 24 mensualidades.

O réxime que se aplicará para a solicitude e distribución de anticipos será o fixado no regulamento que para tal afecto elabore e aprobe a comisión paritaria prevista no artigo 7º deste convenio colectivo.

2. Préstamos persoais: o concello habilitará durante a vixencia deste convenio un fondo de 30.050,61 euros anuais para o obxecto de que os traballadores, con antigüidade superior a un ano, poidan solicitar, por razóns de urxencia, un préstamo reintegrable con xuros de ata 6.010,12 euros. O tipo de xuro que se aboará por este corresponderá coa 1ª referencia interbancaria a un ano (euribor) que sexa oficialmente publicada ó inicio do exercicio corrente máis o diferencial do 0,05.

O réxime que se aplicará para a solicitude e distribución de préstamos será o fixado no regulamento que para tal efecto elabore e aprobe a comisión paritaria prevista neste convenio colectivo.

Artigo 28º.-Xornada reducida.

O traballador que teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou algún diminuído físico ou psíquico, e sempre que non teña outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada dun tercio de duración. Este dereito só poderá ser exercido por un dos cónxuxes, con reducción proporcional de retribucións.

Artigo 29º.-Caixas de urxencia.

En tódalas dependencias de traballo, e independentemente dos servicios que poidan presta-las institucións sanitarias, existirán caixas de urxencia con todo o preciso para o urxente tratamento de accidentes.

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 30º.-Comité de seguridade e hixiene.

Estará formado por igual número de representantes da Administración que dos traballadores. Formarán parte del tódolos representantes legais dos traballadores. O presidente e o secretario serán nomeados de acordo coa lexislación vixente.

Reuniranse semestralmente. As súas decisións serán executadas, tanto para os traballadores como para o concello.

O concello en caso de contrato con terceiros, esixirán o estricto cumprimento da normativa sobre este aspecto.

Artigo 31º.-Crédito horario.

Os delegados elixidos terán un crédito horario de 20 horas mensuais. Este crédito horario poderá ser acumulado entre dous ou máis delegados.

Artigo 32º.-Seccións e delegados sindicais.

Tódalas organizacións sindicais que conten con afiliación dentro do concello, incluídas formacións independentes, poderán constituír ó abeiro de LOLS, sección de empresa. O seu responsable, que será nomeado entre traballadores afiliados, terá os mes

mos dereitos que os delegados de persoal agás o voto.

Artigo 33º.-Asembleas.

Poderanse realizar, por parte dos delegados de persoal e seccións sindicais de empresa, asembleas de traballadores durante a xornada de traballo. O número destas non excederá de 36 horas ó ano, distribuíndose a súa convocatoria o 50% entre delegados elixidos e outro 50% entre seccións sindicais de empresa logo de notificación.

Outras disposicións

Artigo 34º.-Seguro de accidentes e póliza de responsabilidade civil.

O Concello de Noia subscribirá cunha compañía de seguros un seguro de accidentes de traballo para todo o seu persoal, nunha cantidade individual non inferior a 30.050,61 euros en caso de morte, e 48.080,97 euros en caso de invalidez.

O concello farase cargo dunha póliza de responsabilidade civil para todo o persoal suxeito a este acordo, para actos dentro do seu servicio, e con respecto a terceiros.

Artigo 35º.-Asistencia letrada.

O persoal que por razón do seu servicio se vexa involucrado en accións xudiciais, contará con asesoramento técnico e xurídico a cargo do propio concello, desde o comezo ata que haxa sentencia firme.

Artigo 36º.-Garantía salarial.

Nas desviacións do IPC, que se produzan anualmente, aplicarase o que determine a Lei de orzamentos xerais do Estado.

En garantía de palialas revisións a que se fai referencia, a corporación comprométese a aplicar tódalas disposicións que sexan beneficiosas para os traballadores e que acorde a Administración central.

Artigo 37º.-Mantemento do emprego.

A representación da Administración local e dos traballadores declaran a vontade do mantemento do actual número de postos de traballo, e incluso promocionar tanto o persoal funcionario como laboral.

Disposicións adicionais

Primeira.-Na execución das cláusulas reguladoras neste convenio, observaranse en tódolos casos as disposicións legais de aplicación en cada caso, de carácter obrigatorio.

Segunda.-Iguala-las retribucións ós funcionarios: Jesús Gutiérrez Fernández, Antonio Fernández Alonso, o dos auxiliares administrativos do grupo D.

A toda a policía de base subirlle o nivel 16 ó 18.

Os salarios do persoal laboral e funcionario dentro do grupo D, E, serán iguais en tódolos complementos incluído trienios.

Rafael García GuerreroJosé Manuel Rodríguez Anido

AlcaldeRpte. do persoal funcionario

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA