Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/215).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Tarrentos.

Situación: Frades.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56, de 512 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 5 da liña Portodemouros-Pontecarreira, ramo ó C.T. Añá de Meus e final no C.T. Tarrentos, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Tarrentos, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 735 m de lonxitude. No termo municipal de Frades.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

A propietaria do predio nº 8, Encarnación Rúa Pardo e o propietario do predio nº 10, Severino Rúa Pardo, alegan que a liña lles cruza o predio polo medio. Que deberá instalarse por un lugar menos gravoso, sendo posible que se instale lindando polos camiños xa existentes discorrendo así polos lindes dos predios. Co trazado actual só resulta favorecida a empresa expropiante.

Os propietarios dos predios nº 7, 8, 9 e 10, Encarnación Rúa Pardo e irmáns, alegan que os predios están clasificados como monte alto, plantados con eucaliptos e que a liña cruza os predios facéndoos inviables para o seu destino. Que sería adecuado que desde o poste situado no predio nº 5 a liña transcorrese paralela ó predio nº 6 e así cruzar este, as nº 7, 8 e 10 polo seu fondo ata o poste situado nos lindes dos predios nº 10 e 11, desta forma, os prexuízos serían menores.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que se non se chega a un acordo, os titulares dos predios poderán, no seu momento, presentar folla de aprecio valorando os danos que estimen que lles cause a instalación co fin de que o Xurado Provincial da Expropiación determine o prezo xusto definitivo.

Manifesta, así mesmo, que o trazado de referencia se intentou proxectar seguindo os lindeiros dos predios, non sendo posible entre os apoios nº 2 e nº 3, debido á realidade de evitar ángulos pronunciados. Cita o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro R.T.L.E.A.T., en particular o artigo nº 4. Menciona finalmente que de 14 predios afectados se chegou a un acordo amigable cos propietarios de 10 deles, o 71%, para a construcción da mesma conforme o proxecto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 23 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña