Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/374).

Advertido erro no expediente nº 02/374 que foi publicado no DOG número 71, do 10 de abril de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina nº 4.622, nas descricións técnicas, onde di: «liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 5 m de lonxitude, con orixe no tramo de liña existente entre C.T. Gainco-Monelos e C.T. avda. Chile e final no C.T. avda. Chile nº 25, que se vai instalar. Centro de transformación, en baixo edificio de vivendas, tipo manobra exterior, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en avda. Chile nº 25. Concello da Coruña.», debe dicir: «liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 1 m de lonxitude, con orixe na liña Pocomaco Campus e final no C.T. denominado Pocomaco B-3, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Pocomaco B-3. Concello da Coruña.».