Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/182).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación provisional Do Vilán 66/20 kV.

Situación: Camariñas.

Características técnicas: subestación 66/20 kV que se vai instalar provisionalmente en Do Vilán, municipio de Camariñas, alimentada pola liña a 66 kV Vimianzo-Do Vilán (expediente 176/2000) para subministración da Factoría Stohl Sea Farm, que disporá dun trafo de 6 mVA de potencia así como dos elementos de protección e medida e un trafo auxiliar de 50 kVA de potencia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña