Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.390

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (107/2002).

María Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos e o seu partido, fago saber:

Que nos autos de xuízo de faltas nº 107/2002 que se seguen neste xulgado, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Betanzos, o 18 de setembro de 2002. Visto por min, Rosa Agrasso Barbeito, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos e o seu partido, en vista oral e pública, os autos de xuízo de faltas nº 107/2002, seguidos ante este xulgado por unha falta contra a orde pública na que é denunciante o Ministerio de Interior, Dirección Xeral de Tráfico, como denunciado Héctor J. Prieto Rego, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido. Condeno a Héctor J. Prieto Rego, como autor responsable dunha falta contra a orde pública, prevista e penada no art. 636 do C.P. a unha pena dun mes de multa a razón de doce euros diarios, isto é, trescentos sesenta euros de multa que, caso de non pagar, dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas (isto é un día de privación de liberdade por cada doce euros sen pagar), que podería cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se for o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalería a unha xornada de traballo. Todo isto coa condena ó pagamento das custas procesuais. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que no é firme, polo que cabe recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial.

Asinado e rubricado. Rosa Agrasso Barbeito. Publicada no mesmo día da súa data».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó condenado Héctor José Prieto Rego, expido e asino este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, en Betanzos, o 29 de abril de 2003.

A secretaria

Rubricado