Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(625/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e

Certifico que neste xulgado se seguen autos número 625/2002, por instancia de Cristina Gómez Lamela contra Mundo Mágico Tours S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data 14 de marzo de 2003, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido: que estimando a demanda promovida por Cristina Gómez Lamela contra Mundo Mágico Tours S.A. debo condenar y condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 642,76 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta no cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mundo Mágico Tours S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, cinco de maio de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado