Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 06 de xuño de 2003 Páx. 7.389

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se citan os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O punto 7 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002

(DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que, por acordo do tribunal central que será publicado no Diario Oficial de Galicia, se citarán os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria que, en todo caso, deberá ser público, e que iniciarán aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra S, polo que, facultada expresamente esta División de Recursos Humanos,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que realizaron o pasado día 11 de maio de 2003 a memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas citadas ordes, para a realización do acto de lectura dela no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, de conformidade coa seguinte distribución:

-Técnico superior en psicoloxía: día 16 de xuño de 2003, ás 16.00 horas, de Lorenzo Sánchez Marcos a Víctor Manuel Torrado Oubiña.

-Técnico superior en bioloxía: día 18 de xuño de 2003, ás 16.30 horas, de Matilde Trigo Daporta a Berta Rodríguez Sánchez.

-Técnico superior en organización e administración sanitaria: día 11 de xuño de 2003, ás 16.30 horas, de Jesús Mª Sánchez Terradillos a M. Gracia Álvarez Portela.

-Grupo técnico da función administrativa: día 11 de xuño de 2003, ás 16.30 horas, de Mª Dolores Sabarís García a Mª Teresa Yáñez Blanco.

-Técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información: día 19 de xuño de 2003, ás 16.30 horas, de Luis Temes Rodríguez a Antonio Bueno Iglesias.

Segundo.-O chamamento para a lectura pública deste exercicio é único e será excluído do proceso selectivo quen non compareza. Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios da devandita sede e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de 12 horas.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos

Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE BETANZOS